O alumnado larachés coñece o Castro de Montes Claros
Despois de varias intervencións arqueolóxicas, a pata que falta para completar o círculo é a divulgación. E nesa liña se insire a visita que preto dun centenar de alumn@s de 1ª de ESO e da materia optativa de Patrimonio Artístico de 2º de Bacharelato do IES Agra de Leborís realizaron onte o Castro de Montes Claros.
Guiad@s pola arqueóloga Puri Soto, a rapazada coñeceron primeira man o estado actual das diferentes zonas do xacemento e o resultado das primeiras escavacións realizadas. Tamén puideron descubrir a historia do castro, o por
que da súa situación xeográfica, o modo de vida e costumes das persoas que alí residían e mesmo as lendas que o rodean.
O gran castro ártabro de Montes Claros, pertencente á Idade de Ferro, é un dos de maior tamaño entre os que están catalogados en toda Galicia.
No momento actual o Castro de Montes Claros pode ser visitado por calquera cidadán que así o desexe.