Xa están en marcha a mellora do pavimento en catro estradas da parroquia de Vilaño

09:01 03/03/20
O Concello da Laracha está a executar unha actuación de mellora da rede viaria na parroquia de Vilaño, renovando a superficie de rodadura para facilitar as comunicacións e aumentar a seguridade viaria.
Trátase dun proxecto que inclúe catro actuacións diferenciadas nas estradas Vista Alegre-A Barreira, A Barreira-A Ribela, A Areosa-Amboade e tamén no camiño da Areosa que dá acceso ao lavadoiro. En total estase intervindo nunha distancia lineal de dous quilómetros e medio.
A actuación está valorada en preto de 77.000 euros.