A Xunta confirma o peche da EII de Comiáns, na Laracha
Se ben as familia de Corme gañaron esta batalla, e conseguiron que, por agora, non houbese recortes no centro das Forcadas, outras familias veranse afectadas polos novos recortes en materia de ensino que vén de anunciar a Xunta.
É o caso das 5 familias que tiñan ás súas criaturas escolarizadas na Escola Infantil de Comiáns, da Laracha (a aldea oficialmente é Cumiáns desde hai uns anos, pero moita xente segue dicindo Comiáns, e mesmo o DOG recolle o topónimo con "o", pois o nome oficial do centro educativo segue a ser co "o"). Ao non chegar ao mínimo de 6 matrículas, a Xunta decide botar o peche da infraestrutura.
O CEIP Areal de Camariñas sofre unha modificación nas súas unidades
A Xunta anunciou tamén un lixeiro recorte no CEIP Areal de Camariñas. A perda dunha unidade de 6º, polo recorte de 6-7 matrículas, provoca que tamén queden sen un mestre, quedando 15 profesionais (contando cunha Auxiliar de Linguaxe compartida co centro da Ponte do Porto). Agora queda un grupo de 24, que dende o centro verian moi positivo o seu desdobramento.
A nivel galego, a Xunta anunciou que abrirá 158 unidades máis para afrontar as medidas do COVID este curso, o que suporá a contratación de 250 mestres, o que supón un parón á continua política de recortes deste anos. Dende a comunidade escolar valoran as medidas como insuficientes e seguen esixindo protocolos concretos de actuación.
Novas relacionadas
- Xullo 2020: O CEIP As Forcadas de Corme podería quedar sen unha das súas tres unidades.
- Xullo 2020: A Xunta reduce unha "ATE" no CEIP de Carnota a pesar de aumentar as necesidades de atención á diversidade.
- “É un crime que esteamos abrindo croquetas conxeladas nos comedores escolares”.
- Marisol Soneira: Un modelo educativo alleo á realidade comarcal.
- Outubro 2019: A Fedanpas maniféstase “Dereitos, non parches”.
- Xullo 2019: Cabana tamén sofre os recortes en educación: Desaparece o CRA Os Remuíños.
- Xuño 19: A Xunta confirma o peche de dúas novas Escolas Unitarias en Carnota.
- Maio 19: A fusión de concellos comeza polas escolas de Coristanco e Santa Comba.