26 emprendedor@s comezaron a 5ª edición do programa formativo Coworking Costa da Morte
Un total de 26 emprendendores comezaron onte a súa andaina formativa na 5ª edición do Coworking Costa da Morte. Unha iniciativa moi personalizada que permite aos novos profesionais enfocar con maior tino o seu proxecto empresarial, ao máis puro estilo dura “aceleradora empresarial”.
Xa comprobamos o ano pasado o éxito da cuarta edición, falando directamente con emprendedores como Dimas Búa e Tamra Orizales, con Fran Gorín, Toño González ou Pilar Trillo, que aproveitaron os 5 meses formativos para mellorar a súa oferta.
Onte, Norberto Penedo, Director da Área de competitividade do IGAPE e Silvana Facal, ADL do Concello de Cabana, daban a benvida aos 26 novos emprendedores -15 mulleres e 11 homes- a este espazo apoiado pola Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI). Emprendedores que desenvolverán, entre outras, iniciativas innovadoras de dixitalización da cadea de subministración, tapizados con materiais de última xeración ou servizos para o envellecemento activo.
NOVAS EMPRENDENDORAS
- Unha Arroutada de emprendemento na Milla de Ouro de Muxía.
- Fran Gorín: "Recoméndolle á xente moza que se anime a emprender e, se é na súa zona, moito mellor”.
- Toño González: "Quedarei na Costa da Morte, e estarei orgulloso de ser culpable de que se sinta máis viva que nunca”.
- Pilar Trillo: "Foi unha sorte coñecer a outros emprendedores na mesma situación e poñer en común os nosos proxectos”.
- O futuro empresarial da Costa da Morte citouse no peche do Coworking.