A artesanía costeira amosou o seu potencial en Corcubión

Artesáns de toda a bisbarra achegaron as súas marabillas ata La Terraza do Hotel El Hórreo para facer unha pequena Mostra de Artesanía durante a fin de semana. Ducias de veciños se achegaron polo bar para comprobar que na Costa hai moito arte.
Artesáns do mesmo Corcubión, de Cee, de Carnota, de Muxía, de Cabana e ata unha estranxeira afincada na zona, amosaron os seus produtos. As visitas e as vendas non foron demasiadas pero practicamente todos saíron satisfeitos. Xa só polo mero feito de que promocionar os produtos da zona é algo moi positivo para o sector, e tamén por teren un sitio onde amosar o seu traballo, nun momento no que non hai tantas oportunidades de facelo.
Había un pouco de todo. Á entrada as insólitas figuras de Nacho Porto daban un tpque de calidade á Mostra. Por unha banda, as novas palilleiras de Moraime repicaban os seus palillos ao son do acordeón do Crego (José Canosa), que ademais de facer fermosas sellas, puxo a nota musical á mostra. Ambas facían de banda sonora para que os cadros de Verónica sobre a zona lucisen se cadra máis.
Pola outra banda puidemos disfrutar das fantásticas marabillas do Taller Charamusca. Carmen Armendáriz e Quico Guillán son dous coruñeses afincados na zona de Carnota, dende onde visitan feiras de todo o país. E aló estaban con moreas de figuras feitas con papel e cartón reciclado.
Reciclaxe tamén é o sentir da nova Marta Lorenzo Xoubanova. A artesá local disfrutou aprendéndolle aos pequechos os trucos do papel. Tamén disfrutaron os máis pequechos con Suso e Laura, do Taller Arroás. Os ceenses ensinaron como traballan o coiro.
Tamén tiveron o seu espacio os azulexos pintados de Ricardo Sánchez, o pintor reciclado, quen tamén trouxo as súas barbas, de balea, dende a montaña de Louredo; e as xoias do Taller Nordés, que rexenta Charo na chaira carnotá.
Para completar, as marabillas en pedra do cabanés Anxo Cousillas amosaron a canteira na materia da nosa bisbarra.
Lista de artesáns
Estes son os artesáns que amosaron as súas dotes no Hórreo:
- Taller Arroás (Laura e Suso) – Coiro (Cee).
- Taller Nordés (Charo) – Xoiería en cerámica (Carnota).
- O Crego (José Canosa) – Senllas (Fadibón, Cee).
- Marta Lorenzo Xoubanova – Traballo en fieltro e máis (Corcubión).
- Obradoiro Charamusca (Carmen) – Cartón reciclado (Carnota).
- Asoc. Mulleres Rurais de Moraime – Palilleiras (Moraime, Muxía).
- Ricardo Sánchez– Barbas de balea (Louredo, Carnota).
- Nacho Porto – Cerámica artística (Canedo, Carnota).
- Verónica – Pintura e coxíns.
- Anxo Cousillas – Pezas pequeñas de pedra (Cabana).
Novas relacionadas
- Baio vístese de liño para a Comida da Fía.
- O pintor reciclado .
- En marcha a XXI Mostra do Encaixe de Camariñas.
- As artesanía e as cantinas medievais da Costa da Morte .
- Escoitando ás palilleiras e o liño .
- A Artesanía resiste no Castelo de Vimianzo .
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).