A Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe unen lingua coa defensa do comercio local


Importante a campaña da Asociación de Empresarios de Ponteceso, Cabana e Laxe e da Área de Normalización Lingüística do Concello de Ponteceso. A iniciativa de promoción lingüística e comercial ten como obxetivo achegar a nosa lingua ao comercio de proximidade e contribuír á promoción do sector na época de maior consumo do ano pola proximidade do Nadal.
A campaña inclúe o reparto de bolsas de papel e adhesivos entre os comerciantes locais para promover o uso do galego tanto na súa publicidade como na atención ao cliente.
Ao igual que en ocasións anteriores, a campaña estenderase polos establecementos de diferentes sectores como tendas de roupa, complementos, zapaterías, librerías, comercios de artigos de pesca, xoiarías, teas, ópticas, para-farmacias e comercios destinados á venda do pequeno electrodoméstico.