Martes. 16.04.2024
El tiempo

A cabanesa Alejandra Plaza, a mellor embaixadora galega en Frankfurt

A cabanesa Alejandra Plaza, a mellor embaixadora galega en Frankfurt
Alejandra Plaza con De Guindos e outros persoeiros no Dia da Hispanidad de Frankfurt Alejandra Plaza, á dereita, co ex ministro De Guindos, no centro, o cónsul Trejo, ao carón de Plaza, na celebración da Festa Nacional de Frankfurt

Ademais da súa labor literaria, a cabanesa Alejandra Plaza ten unha volcación de embaixadora. Así o demostrou esta semana na recepción que tivo lugar no Instituto Cervantes de Frankfurt co gallo da celebración da Festa Nacional. Coa presencia do cónsul xeral de España, Álvaro Trejo Gabriel y Galán, e Ramiro Villapadierna, director do Instituto Cervantes, Alejandra Plaza, foi a responsable de respresentar á colonia galega nun evento destas características.

A escritora bergantiñá aproveitou a ocasión (ante ducias de directivos ou representantes de asociacións, empresas ou entidades financeiras españolas afincadas na demarcación consular) para promocionar a súa terra e velar polos intereses dos galegos e galegas no exterior e mostrar as inquedanzas do retorno. Ademais, como presidenta de embaixada.gal, presentou en público esta plataforma internacional que reúne a tódolos galegos espallados polo mundo que foi presentada oficialmente en Santiago en xullo deste ano no observatorio da nova diáspora dentro do calendario de actividades do Apóstolo de Santiago.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-cabanesa-coa-diaspora-literaria-galega-na-70a-feira-do-libro-de-frankfurt/

Comentarios