A Coral Saint Luc Banabakintu de Costa de Marfil emprende unha gran xira por Galicia
08:44 12/07/18
Coral Saint Luc Banabakintu na Festa Africana de Mazaricos
Tras a magnifica actuación da coral Saint Luc Banabakintu na festa africana de Mazaricos que pese a calor dese día tivo unha duración de 3 horas sen parar de bailar, a coral emprende unha xira o longo deste mes de Xullo e principios de Agosto. Unha xira que ofrece concertos únicos en cada unhas das suas citas pois cada actuación é diferente. O pasado domingo xa pasaron por Redondela e mañá terá lugar unha das súas citas máis importantes pois realizarán unha gala solidaria ás 21:00h da noite no Teatro Pincipal de Santiago de Compostela, gala que gardará moitas sorpresas para os asistentes.
O sábado estarán en Mazaricos e o domingo na eucaristía de Muros.
A xira aínda está aberta a novas actuacións. Se demandan unha actuación poñanse en contacto con algún dos colaboradores da ONG Egueire. Despois tocará Brens, Ameixenda, Olveiroa, Santa Comba, Cee, Cabana, Vimianzo, entre outras vilas do país.