A Deputación denuncia o uso “partidista” do alcalde de Cabana do Dolmen de Dombate

Parecían as augas máis tranquilas dende que en xaneiro Deputación e Concello de Cabana asinaban un convenio para a xestión da catedral galega do megalitismo. Non así dende que o Concello de Cabana organizaba coa Xunta a entrega de premios do concurso de ideas Autovía Costa da Morte. Camiño de Futuro que tivo lugar hoxe no centro de recepción de visitantes do Centro Arqueolóxico do Dolme de Dombate.
Un acto que para o deputado responsábel da área de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, se trata dun uso “partidista” do Dolmen de Dombate, ao tratarse dun acto “propagandístico do PP”, do que a Deputación non tiña constancia.
“Lamentamos que o alcalde convocara un acto claramente propagandístico nas dependencias do Dolmen de Dombate, un ben patrimonial que non pode ser usado con fins distintos aos de promoción cultural e turística”, sinalou o deputado do BNG, Xesús Soto quen criticou tamén que a Deputación da Coruña non fora informada da organización do evento.
Novas relacionadas
- Xuño 2016: Uns 2400 escolares visitan o dolmen de Dombate durante a primavera.
- Marzo 2016: AGE pídelle á Xunta que adquira a titularidade do dolme de Dombate.
- 14-01-16: Dombate volve co seu guía.
- 11-01-16: “Dombate non é un centro comercial”.
- Óscar de Souto: Unha de cal e unha de area en Dombate.
- 10-12-15: Comeza o control das pinturas do dolmen de Dombate.
- Un capítulo de Herdeiros pola Forza: Dombáter.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).