Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Deputación recupera do caixón do esquecemento o Parque do Megalitismo da Costa da Morte

A Deputación recupera do caixón do esquecemento o Parque do Megalitismo da Costa da Morte
Reunión de alcaldes nas Torres do Allo ca Deputación par recuperar o Parque do Megalitismo da Costa da Morte Reunión de alcaldes nas Torres do Allo ca Deputación par recuperar o Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Dende 2001 leva esperando a Costa da Morte un prometido Parque do Megalitismo. Un proxecto que foi acumulando restrasos a pesar dos pasos adiantes que se foron dando, como a declaración en 2008 Bens de Interese Cultural os 14 megalitos que supostamente ían formar parte do Parque. Ese mesmo ano aprobouse a Declaración de Impacto Ambiental pero non foi ata 2011 cando se aprobaba un orzamento de 4 millóns de euros para arrincar as obras en 2012 e rematalas en 2016. Ata hoxe.

Tras 17 anos de quimera, parece que hai un futuro posible para o Parque do Megalitismo, que faía xustiza á area galega con maior riqueza arqueolóxica.

Será a Deputación da Coruña a promotora deste proxecto que debería ter realizado a Xunta, como llo corroboraba onte o responsable da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, nunha xuntanza aos 11 alcaldes implicados no Parque. Regueira nunciou a creación dunha mancomunidade de impulso da área patrimonial do Parque do Megalitismo no que se investirán medio millón de euros para a execución dunha parte do Plan Director.

Divulgación, a mellora de accesibilidade aos túmulos e da sinalización ou a compra de terreos en que se atopan os monumentos arqueolóxicos, serán os primeiros investimentos.

Regueira valora o potencia turístico do proxecto, e apunta que o Parque será “un tesouro de especial relevancia para a Costa da Morte e un museo ao ar libre de grande singularidade que pode atraer visitantes de todo o mundo”.

Desde a Deputación da Coruña apoiarase, segundo tamén anunciou Xosé Regueira, a ampliación do territorio do Parque, coa inclusión dos concellos da Laracha e Ponteceso e proporá á Xunta que dé conformidade á ampliación. “As propostas de integración están moi fundamentadas xa que a Laracha ten no seu territorio un menhir, monumentos dos que hai poucos exemplos, que ten que estar dentro do parque e a Ponteceso ten un valor singular en canto Pondal enriqueceu a través da súa obra o coñecemento e a valorización desta riqueza monumental e, polo tanto, forma parte xa da historia do parque da Costa da Morte”, explicou Regueira.

Os tesouros

Os concellos que forman parte do Parque do Megalitismo son Malpica de Bergantiños, Carballo, Zas, Cabana de Bergantiños, Vimianzo, Dumbria, Corcubión, Mazaricos ademais da Laracha e Ponteceso. Entre outros monumentos, forman parte do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte a Pedra Moura, Casa dos Mouros, Pedra Cuberta, Arquiña de Vilaseco e Mina de Recesinde do concello de Vimianzo, Pedra da Arca de Malpica, Arca da Piosa e Pedra Vixía de Zas, Fornela dos Mouros de Laxe, a Mina da Parxubeira de Mazaricos, Pedra Moura de Carballo ou o propio Dolmen de Dombate de Cabana de Bergantiños.

Máis novas megalíticas

Fonte

Comentarios