Sábado. 18.05.2024
El tiempo

A mocidade de Cabana oriéntase no mercado laboral

A mocidade de Cabana oriéntase no mercado laboral

O pasado martes 12 de xullo, desde as 11:00h ás 13:00h do mediodía, o salón de actos do Centro Social de Neaño desenvolveu unha xornada formación para a xuventude de 16 a 30 anos mediante a celebración dun Obradoiros de Orientación Laboral. Todas as sesións do obradoiro foron impartidas por Nati Fortes, monitora da Dirección Xeral Xuventude da Xunta de Galicia.

No obradoiro desenvolvéronse os seguintes contidos. No ámbito das técnicas e buscas de emprego realizouse unha autoavaliación do candidato a un posto laboral (análise DAFO), informouse sobre os posibles nichos de emprego entre os que destacan os dirixidos a poboación da terceira idade, sobre os medios para atopar emprego e do Programa EMPRENDE da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. No tocante ás ferramentas para a busca de emprego, formouse ós asistentes sobre a elaboración dos distintos modelos de currículo e das cartas de presentación. Por último, déranse uns consellos moi prácticos para enfrontranse de modo positivo a unha entrevista de traballo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Departamento de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Cabana.

Comentarios