A Xunta recoñece o labor de Íntegro e apoia o proxecto Avanza Inclusión
Visita institucional recibiu o pasado venres a familia de Íntegro. O director xeral de Inclusión Social, , visitou as instalacións dos centros de día e ocupacional que esta entidade ten en Cabana. Alí comprobou de primeira man como traballa o proxecto que financia a Xunta, en concreto, a Consellería de Política Social con máis de 80.000 euros financiados en parte polo Fondo Social Europeo para o desenvolvemento entre este ano e o 2020 de cursos de preparación de competencias clave e a posta en marcha do programa Avanza Inclusión.
O obxectivo é mellorar a empregabilidade dos colectivos sociais máis desfavorecidos. Ademais, no caso da iniciativa Avanza Inclusión dáse prioridade ás persoas que teñan recoñecido algún tipo de discapacidade e que preferentemente sexan mulleres.
No transcurso da visita Arturo Parrado enxalzou a importante tarefa de Íntegro e garantiu a continuidade do apoio da Xunta.