Martes. 19.11.2019
El tiempo

Abre o prazo para as axudas do GALP

Abre o prazo para as axudas do GALP

O GALP, ese ente semipúblico que aínda secciona a Costa da Morte pola metade, abre o prazo de convocatoria para as Axudas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, correspondentes a este 2016. Son axudas europeas dirixidas a diversificar o traballo no mar.

Para o territorio do Galp Costa da Morte, que se corresponde cos concellos de A Laracha, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Laxe, Vimianzo, Camariñas e Muxía, disponse total de 5.478.526 euros en axudas a fondo perdido para proxectos produtivos e non produtivos ata o ano 2020.

Os promotores disporán de un mes de prazo para presentar proxectos nesta primeira convocatoria. Unha vez transcurrido este prazo as solicitudes presentadas poderán acollerse a futuras convocatorias ata 2020.

As axudas están destinadas a: Xente do mar, empresas transformadoras de produtos pesqueiros, hostaleiros, sectores auxiliares á pesca, empresarios e entidades de actividades náuticas ou relacionas co mar, asociacións do sector pesqueiro, redeiras, etc.

Liñas de actuación:
- Incremento do valor engadido dos produtos da pesca, diversificación e mantemento da actividade vinculada ao mar…
- Competitividade sostible e reforzamento dos elementos medioambientais e patrimoniais do noso litoral, espazos temáticos do mar…
- Capacitación e ampliación das competencias dos sectores económicos e social do noso territorio…

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios