Adolfo López Baña polo Día das Persoas con Discapacidade: “Moito que reclamar”
Hoxe, 3 de decembrom é o Día internacional e europeo das persoas con Discapacidade. E quen mellor que Adolfo López Baña, Presidente de Íntegro, con este texto para facernos reflexionar.
Tamén a entidade COGAMI, moi presente na comarca sobre todo a través do centro Adisbismur, quere visibilidar “a desigualdade no cumprimento de dereitos das persoas con discapacidade”. Por iso, reclaman “o compromiso por parte das Administracións para garantir o cumprimento das leis da discapacidade, e a sostibilidade dos apoios ás persoas con discapacidade e ás súas familias.
Lembran que forman un grupo social que supón o 9% da poboación española, é dicir, nun de cada cinco fogares reside unha persoa con discapacidade, sendo Galicia a Comunidade coa maior taxa de discapacidade: 116 persoas por cada 1.000 habitantes.
Concretamente en Galicia hai 250.000 persoas co certificado de discapacidade recoñecido (o 51% mulleres), dos que 8.379 son menores con idades comprendidas entre os 0 e os 15 anos, e o 10% destes con mobilidade reducida
A entidade fai peticións claras, como a axilización dos procesos burocráticos para adquirir o certificado de discapacidade; a falta de profesionais para atender ás persoas en idade escolar nos centros públicos que impiden unha educación inclusiva, real e efectiva; ou a implicación do empresariado para acadar unha máis completa inclusión laboral.
”Moito que reclamar”, por Adolfo López Baña
A condición de cidadanía é o status conformado polo acceso aos recursos básicos para o exercicio de dereitos e deberes das personas. A falta de accesibilidade a certos espazos, equipamentos ou servizos, públicos ou privados, pode derivar na limitación de liberdades fundamentais e dereitos civís, como o dereito á educación, á cultura, á vivenda, ao aloxamento, ás actividades recreativas e deportivas, etc. Apostar por un entorno accesible é apostar por unha mellor calidade de vida, na medida que os equipamentos, servicios e espazos son máis cómodos, máis seguros e máis fáciles de usar por toda a poboación e, polo tanto, promoven a autonomía das persoas.
É preciso que os espacios de calquer concello se conciban, estructuren e xestionen como espacios para a convivencia humana en todas as súas dimensións, e comprender que, máis alá de ser un cruce entre rúas, espacios residuais, áreas comerciais e industriais, infraestructuras urbanas e núcleos rurais, o municipio é a suma de todos os contornos ou espazos públicos, todos os servizos públicos municipais, e todos os productos ou equipamentos a disposición de todos os cidadáns.
Os servizos desenvolvidos nos edificios municipais, o comercio, o transporte, as vías e espazos públicos deberán de estar ao alcance de todos, por elo deben de eliminarse barreiras físicas e sociais, dificultades nas comunicacións e impedimentos de calquera natureza que impidan o acceso regular e normalizado e o disfrute dos mesmos, garantindo a igualdade de oportunidades.
O día 3 de maio 2008 entraron en vigor os acordos adoptados pola Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, así como o seu Protocolo Facultativo.
Este importante instrumento xurídico internacional, xurdido das Nacións Unidas, instaura unha nova concepción da discapacidade centrada nos dereitos humanos e na persoa con discapacidade como titular irrenunciable de dereitos.
Por elo non entendo que se sigan concedendo licencias de apertura de novos negocios sin aplicar as Leis. Nada que celebrar!!! Moito que reclamar!!!
- Adolfo López Baña, Presidente de Íntegro.