Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Alejandra Plaza: “No rural está a semente da nosa existencia”

Alejandra Plaza recorre o rural galego promocionando o Camiño de Santiago en forma de conto.
Obradoiro de contos con Alejandra Plaza nas escolas do rural galego
Alejandra Plaza chegou a ducias de escolas do rural galego cos seus contos a través da rede
Alejandra Plaza: “No rural está a semente da nosa existencia”

A xornalista e escritora cabanesa Alejandra Plaza é unha amante dos pequenos, do rural, das causas sociais e da promoción da súa terra e do seu dentro e fora de Galicia. Dende o mes de febreiro está recorrendo as escolas do rural galego de maneira virtual cun conto inventado para esta actividade. “Salvar a alegría de Pataplás” é un conto cheo de motivación que acontece nunha pequena aldea do Courel, porta de entrada do Camiño de Santiago Francés e do de Inverno e onde a celebración do entroido é un gran evento ao igual que a chegada de peregrinos de todo o mundo. Un pobo cheo de nenos, de actividade e alegría que, coa chegada do Coronavirus, o silencio e a ausencia de sorrisos apoderouse dos seus veciños e, principalmente, dos máis pequenos…

“Este conto ocorríuseme como unha forma de achegar a os nenos un anaquiño de Galicia a través da reserva verde que temos, da gastronomía, de eventos e festividades tan arraigadas como o entroido e de promover en forma de conto algo tan de actualidade con motivo do Xacobeo 2021-22 como é o Camiño de Santiago. Por outro lado, a aparición do Coronavirus privounos de moitas cousas que, o que intento con este contiño, é mostrar aos nenos unha maneira de darlle a volta a algo malo para que se convirta en algo bo ou millor co que temos que convivir sen perder ou renunciar aos nosos costumes, celebracións ou o sorriso. Eu veño do rural da Costa da Morte e son do rural aínda que vivo en dúas grandes cidades europeas como son Fráncfort e Zúrich. O rural é o futuro e a semente da nosa existencia. A chegada desta pandemia valeume para reforzar aínda máis e loitar por estes ideais e principios. Tanto os nenos e nenas como os e as profes están respondendo de marabilla. Estou agradecidísima da acollida que me brindan e teño un gran respeto polo traballo que están facendo, principalmente neste ano tan complicado” compartiu con nós Alejandra.

Alejandra Plaza nas escolas do rural galego

Neaño, Malpica, Laxe, Ponteceso, A Campara, Mens, Camelle, Carnes, Castromil, Carantoña, Torrexallóns, Traba, Cabana, Tallo, Tella, Pazos ou Barizo son algunhas das aulas que disfrutaron desta actividade cunha gran acollida e participación. Cada vez son máis as escolas, fundacións e asociacións dentro e fora que confían e colaboran cos proxectos que Alejandra Plaza leva a cabo, tanto de maneira persoal como a través da plataforma internacional de emigración que preside, embaixada.gal.

Cativos do rural co bonecos de Alejandra Plaza

Novas relacionadas

comentarios