Mércores. 17.07.2019
El tiempo

ATRIFOGA volve denunciar o desmantelamento do Servizo Público contra Incendios co novo despedimento de 25 [email protected] na bisbarra

ATRIFOGA volve denunciar o desmantelamento do Servizo Público contra Incendios co novo despedimento de 25 [email protected] na bisbarra
Imaxe dun bombeiro nun incendio en Berdoias-Foto-Marcos Rodriguez Imaxe dun bombeiro nun incendio en Berdoias-Foto-Marcos Rodriguez

Temos de seca, de cambio climático, e así o corrobora a vaga de lumes do pasado mes de outubro. De feito, a desestacionalización do risco de incendios é patente, e xa non só arden os montes en verán, sendo por exemplo este ano, os meses de abril e o propio outubro, os peores do ano 2017.

Unha situación que a Xunta non fronta de cara, senón máis ben todo o contrario, como o denuncia a Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia (ATRIFOGA). Entidade que xa denunciaba no seu día o proceso de desprofesionalización do Servizo de vixilancia, e que hoxe denuncia os novos cesamentos do persoal de 3 meses do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (tendo en conta que o SPDCIF, un servizo público, dispón de traballadores de 12, 9 e 3 meses.).

Foron 436 os traballadores cesados o 12 de novembro e o próximo 30 de novembro, serán cesados 626 fixos-discontinuos de 9 meses.

Unha situación que provoca máis de 25 despedimentos na nosa bisbarra, afectando aos seguintes traballadores en función dos distritos:

  • 17 [email protected] despedidos no Distrito V (Fisterra), que ten as demarcacións de Fisterra (concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía), Terra de Soneira (concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas) e Terra do Xallas-Muros (concellos de Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba.).
  • 24 [email protected] do Distrito II (Bergantiños- As Mariñas Coruñesas) (algo menos da metade dos cesamentos afectan ás terras de Bergantiños).

Privado > Público

Estes despedimentos do Servizo Público contraponse coa situación das empresas privadas ou públicas de xestión privada e municipal, onde continúan no seu posto de traballo ou son contratados para a recuperación das zonas calcinadas polos incendios.

O persoal de 3 meses do SPDCIF vaise ao paro, sen sequera con dereito a optar a un subsidio polo seu contrato temporal e precario que os mantén “condenados a traballar só 3 meses ao ano, mentres empresas como SEAGA e TRAGSA están incorporando persoal para participar nos labores de recuperación forestal das zonas arrasadas polos incendios, a entidade privada Natutecnia segue operando con gran parte dos traballadores das bases e brigadas helitransportadas e algúns Concellos, manteñen - nos seus persoais - a cuadrillas e condutores de autobombas”.

ATRIFOGA volve denunciar “a hipocresía de a súa contratador (Xunta de Galicia) e a súa política de loita contra os incendios encamiñada a segmentar o dispositivo fomentando a descoordinación, a reducir os efectivos do Servizo Público e ao seu desmantelamento (ata, sen cubrir unha boa parte das vacantes que se producen) e a dar beneficio a empresas de gestión privada, deixando na rúa ás súas propios traballadores públicos, que son profesionais cualificados, eficientes e que saldrían más rendibles”. Así mesmo, ATRIFOGA recorda que “as funcións do persoal de 3 meses non son só as da vixilancia, detección, coordinación e extinción de incendios, senón también as básicas tarefas de prevención, rexeneración forestal e urxencias rurais que aparecen recollidas no propio Convenio e na legislación vixente”.

Máximo risco de incendio

Dende ATRIFOGA lembran que seguimos en alerta por alto risco de incendios, como o corrobora o feito de que a Administración mantén a prohibición expresa de realizar queimas de restos agrícolas ou forestales (mañá martes 28 de xaneiro permitirase de novo tramitar permisos para facer queimas a través do 112).

De feito, transcorrido más dun mes desde a avalancha de incendios, as precipitacións foron a mínimas, a porcentaxe de humidade tanto ambiental como de vexetación é baixo e persiste unha sequía extrema que fai que a biomasa vexetal poida arder con suma facilidade. Ademais, hai unha gran oscilación térmica entre o día e a noite, con temperaturas altas - en pleno outono - durante as horas diurnas e baixas en horas nocturnas, acompañadas de xeadas que fan que se reseque máis a vexetación, incrementando o risco de incendio.

Sinalan tamén a influencia clara do cambio climático., que está xerando, cada vez, sequías más intensas e isto, deriva en aridez extrema, o que fai que os montes estean máis propensos a arder pola acumulación de biomasa sen xestionar.

A este combo hai que sumarlle o despoboamento, e a falta de actividades agropecuarias e forestais no rural polo éxodo á cidade. Deste xeito, non hai discontinuidade entre as masas forestais, xa que os terreos que antes eran cultivados e traballados foron abandonados e amontóase a vexetación sen control, propiciando a rápida propagación dos incendios.

Gracias aos voluntarios, pero este é un traballo de risco

A Atrifoga valora positivamente o espíritu solidario do momento que apareceu, espontaneamente, durante a pasada vaga de lumes. Pero en todo caso, a entidade sinala que se necesita persoal todo o ano, pois “non a responsabilidade dos voluntarios arranxar os problemas que veñen derivados de non contar cun equipo profesional contratado todo o ano”.

Nova tipoloxía

Ante este escenario, a Administración debe mudar a súa estratexia para facer fronte a unha nova tipoloxía de grandes incendios forestais, explosivos e simultáneos, que colapsan os sistemas de extinción e de urxencias, dando prioridade e facendo realidade políticas preventivas que diminúan os riscos e minimizen as pérdidas ocasionadas por incendios que resultan devastadores con centos ou miles de hectáreas calcinadas.

E nesa liña inciden na prevención: “Neste momento, urxen executar os traballos de consolidación do chan e de recuperación da cuberta vexetal protectora para evitar a erosión e o efecto arrastre das cinzas cara aos rívos e as rías, co conseguinte risco de contaminación das augas, afectando á flora, á fauna e á biodiversidade; así como as labores de rehabilitación das infraestructuras. Dentro dese grupo de traballadores, hai persoal técnico que pode dirixir e coordinar eses traballos e bombeiros forestales que poden efectualos.”

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios