Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira

Aumenta o número de partos no hospital Virxe da Xunqueira
Durante o 2015 rexistraronse un total de 219 partos no hospital de Cee Durante o 2015 rexistraronse un total de 219 partos no hospital de Cee O hospital Virxe da Xunqueira de Cee rexistrou un total de 219 partos durante o pasado ano 2015; 18 máis que no 2014 que se pechou cun total de 201 alumbramentos. Xaneiro de 2015 foi, con 26 partos, o mes no que se rexistraron un maior número de nacementos. Destaca que dos 26 partos, 9 pertencen ao concello de Vimianzo. Moi seguido está o mes de outubro do pasado ano, no que naceron un total de 24 bebés no hospital ceense. No punto contrario atópase febreiro, no que tan só houbo dez partos. Cee encabeza a lista dos empadroamentos, con 32. Seguido de Vimianzo (31), Muros (29), Fisterra (26) e Camariñas (25). No seguinte listado, contémplanse o número de partos por concellos:
  • Cabana: 3
  • Camariñas: 25
  • Carballo:1
  • Carnota: 14
  • Cee: 32
  • Corcubión: 8
  • A Coruña: 5
  • Dumbría: 12
  • Fisterra: 26
  • Laxe: 4
  • Lugo: 1
  • Mazaricos: 6
  • Muros: 4
  • Muxía: 29
  • Ponteceso: 1
  • Santa Comba: 2
  • Santiago de Compostela: 1
  • Vimianzo: 31
  • Zas: 14
Fonte Redacción QPC ([email protected])

Comentarios