#AxendaCostadaMorte: 5 cousas imprescindibles e unha marea de actividades que non podes perden na Semana Santa

12:28 29/03/18

O parte costeiro de Meteogalicia
O mércores estamos sufrindo o paso dun frente con bastantes precipitacións, febles ás primeiras horas, pero con máis intensidade a partir do mediodía. Xoves e venres son dous días de intervalos anubrados con chuvascos intermitentes (con aparato eléctrico e mesmo saraiba por momentos), pero tamén con algún que outro claro. O sábado e domingo teremos unha progresiva melloría. Tamén será importante ollar como vén o mar, porque teremos unha situación moi complicada a partir do xoves, que quedará en situación de Alerta Amarela, que se convertirá o venres en Naranxa por mar combinada con alturas de 5-7 m e ventos de forza 7-8. A alerta mariña vaise calmando durante o sábado e domingo.Os 5 imprescindibles
A Semana Santa de Fisterra e as Festas do Cristo
Non ten parada a Semana Santa de Fisterra, con procesións todos os días e o gran foco e atención da representación teatral do Domingo de Resurrección. Ademais, sábado, domingo e luns toca tamén verbena coaas Festas do Cristo .- Programa de actos relixiosos da Semana Santa de Fisterra
- Festas do Cristo da Semana Santa de Fisterra.
Mostra Víndemo Ver de Carnota
Unha auténtica aposta polo produto, e comercio local. Unha feira como a de antes, aderezado cun amplo abano de postos de gastronomía, produtos de horta e artesanía, deporte (carreira vikinga e BTT) un completo programa cultural que mestura modernidade e tradición (varios concertos como os de Caxade, Ce Orques Pantasma ou o Mago Anton) e mesmo unha ruta de arqueoloxía.Iluminación da Fervenza do Ézaro
Unha das paradas obrigatorias da Semana Santa é a Iluminación nocturna da Fervenza do Ézaro, un espectáculo de auga e luces sen parangón. Ademais terá un momento especial, o sábado co verde protagonista para celebrar o Día Mundial do Cancro de Colon.As visitas patrimoniais Torres do Allo, Castelo de Vimianzo, Ruta dos Dólmens e Batáns do Mosquetín
Este ano o patrimonio é protagonista. Zas e Vimianzo fan unha completa aposta por este turismo e promocionan con máis forza que nunca as visitas teatralizadas aos dous pazos (as Torres contan ademais cunha exposición de traxe tradicional e o Castelo unha exposición de Esther Ferreiro), así como a ruta guiada do megalitismo e as visitas aos Batáns do Mosquetín.- Visitas patrimoniais por Vimianzo.
- As Torres do Allo, novo punto de encontro na Semana Santa costeira.
Mostra do Encaixe de Camariñas
Demostración en vivo de palillo, actuacións de música e baile tradicional, e desfiles, mois desfiles, para esta cita que convirte unha artesanía centenaria nun produto de moda. Dende xa e ata o domingo, Camariñas será a capital do Encaixe. E de paso que vas por Camariñas podes pasar polo Faro, pois a Asociación de Empresarios fai un esforzo por abrilo para Semana Santa (de xoves a domingo) en horario de 11:00 a 21:00.De procesión
Entre as citas relixiosas máis salientables, temos que destacar a Semana Santa das Parroquias de Cee e a Semana Santa de Corme. Outra das citas máis singulares será a do Rosario da Boa Morte de Laxe, que se dará o venres.Unha manchea de actividades para disfrutar
- Malpica estará aberta esta Semana Santa, con horario especial do Olería de Buño da Ecomuseo Forno do Forte (de mércores a sábado de 10.00 h. a 14.00 h. e de 16.00 h. a 20.00 h.. e o domingo de 10.00 h. a 14.00 h.). En clave de Semana Santa, a procesión máis forte será a do venres Santo, a partir das 19:00h. Ademais o xoves ten a Festa da Xuventude no porto.
- Ponteceso acolle a Ruta dos Pinchos, de venre a sábado, un sábado que tamén acolle a Festa marisqueira.
- Muxía acolle o venres unha nova edición da Festa do congro.
- Singular homenaxe a Hawking cunha observacion de estrelas dende Dombate.
- O Bar A Molinera de Camelle acolle un monólogo.
Exposicións
- A Tenda Turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de marzo unha exposición de arte xaponesa da muxiá Yano Yoro.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Ademais ata o mes de abril hai unha exposición de Esther Ferreiro. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha Mostra de Traxe Tradicional, e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)