Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Baio e Cabana homenaxean a dous docentes históricos

CABANA - HOMENAXE XR LEMA
Homenaxe a Xosé Ramón Lema Mira en Cabana
Baio e Cabana homenaxean a dous docentes históricos

Día de despedidas nos centros da Costa da Morte. Hoxe traemos dúas despedidas.

Por Baio, xubilouse Esther Agra, unha persoa que leva traballando no IES Maximino de Lema case que trinta anos. A comunidade educativa quixo compartir un xantar con ela para despedila e agradecerlle o seu traballo, compromiso, xenerosidade... e que coidou o Centro como a súa propia casa.

Homenqxe a Ester Agra no iES de baio
Homenaxe a Esther Agra 

En Cabana, quixeron tamén render homenaxe ao mestre cabanés Xosé Ramón Lema Mira. O profesor, oriúndo de Corcoesto, desenvolveu parte da súa vida laboral na escola unitaria de Borneiro e no CPI As Revoltas, onde exercía a docencia desde o ano 2000.

O salón de plenos da casa consistorial acolleu emotivo acto de homenaxe no que participaron alumnos, familiares, compañeiros e membros do executivo local.

Como parte dos actos de homenaxe, o alumnado do CPI As Revoltas versionou un dos temas da agrupación Fuxan os Ventos adaptando a letra a unha nova dedicada ao mestre. Ademais, durante o acto celebrado no concello, o rexedor fíxolle entrega dunha réplica en miniatura do Dolmen de Dombate.

CABANA - HOMENAXE XR LEMA 2
Homenaxe en Cabana

 

Comentarios