Bergantiños crea e descubre cun completo foro para novos emprendedores


Máis de 100 mozos da Costa da Morte participarán este venres 6 de xullo no encontro xuvenil “Crea e Descubre”, que se celebrá no Centro Cultural de Ponteceso. Un encontro organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar e os Concellos de Ponteceso, Malpica e Cabana, baixo o lema “Historia, turismo e artesanía como forma de emprendemento”. Todo no marco do Programa Conecta.
A mostra pretende amosarlles, aos mozos/as participantes, como da natureza, cultura e tradición, poden xurdir moi boas ideas emprendedoras, neste caso vencelladas á historia, turismo e artesanía. Ademais durante o descanso, terá lugar unha pequena mostra de asociacionismo con dez stands, onde as asociacións xuvenís e prestadoras de servizos á xuventude da comarca, que o desexen, poderán expor o seu traballo e actividades.
Durante a xornada, que inclúe múltiples actividades, haberá charlas, talleres, obradoiros, roteiros e diversas actividades de fomento da creatividade dos mozos e as mozas.
Programa Crea e Descubre
Programa Conecta no Centro Sociocultural de Ponteceso, 6 de xullo de 2012:
- 10:30-11:00: Inauguración con Ovidio Rodeiro Tato, Director xeral de Xuventude e voluntariado, José Luis Fondo Aguiar, Alcalde de Ponteceso; José Muiño Domínguez, Alcalde de Cabana de Bergantiños; Eduardo José Parga Veiga, Alcalde de Malpica de Bergantiños.
- 11:00 a 12:00 EMPRENDEMENTO:
- Galebook Contidos Dixitais; Primeira editorial galega de Ebooks.
- Hotel Lugar de Briallo; Emprendedurismo no sector do turismo;
- Marta Rivera de la Cruz; Xornalista e escritora. - 12:30 a 14:30 CREA:
- Turismo: Tendencias de turismo // Marketing e novas tecnoloxías;
- Cultura: Teatro // Xogos;
- Artesanía: Graffiti // Artesanía. - 14:45-16:00 Comida.
- 16:00-18:30 DESCUBRE:
- Turismo (Natureza): Ruta da Paisaxe e tradición (Concello de Ponteceso) Ermida do Faro, Vila mariñeira de Corme e Faro do Roncudo.
- Cultura (Industria Relacionada): Ruta da Historia (Concello de Cabana de Bergantiños) Dolmen de Dombate e castro da Cidá de Borneiro;
- Artesanía (Innovación e tradición) Ruta da Artesanía (Concello de Malpica de Bergantiños) Porto de Malpica (Lonxa), Casa do pescador, mostra de pintura e visita o Faro de Nariga. - 18:30 Clausura.
Más información e Inscricións
- Para inscribirse, deberás facelo en www.xuventude.net (Programa Conecta. Crea e descubre. Formulario de inscrición)
Novas relacionadas
- O GDR Bergantiños leva 26 proxectos e máis de 3 millóns de euros aprobados no que vai de ano.
- A Costa da Morte, no centro do Coaching Europeo.
- Formación, innovación e venda online: os retos do sector turístico da Costa da Morte.
- A Xunta explica o Plan Revive na Costa da Morte.
Fonte
- Xunta.