Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Formación, innovación e venda online: os retos do sector turístico da Costa da Morte

Formación, innovación e venda online: os retos do sector turístico da Costa da Morte

"A formación, a mellora dos procesos de innovación e a aposta polas canles de comercialización online son algúns dos retos que deberá afrontar o sector turístico da Costa da Morte nos próximos anos para adaptarse ao novo modelo económico e aos cambios nos hábitos de consumo". Estas, reflexións sobre as que tamñen rondan os Seminarios Turis-Tic, que artellan as empresas da zona Galinus, Hexis e Abertal por todo o país, son algunhas das conclusións do estudo "Aproximación dos produtos turísticos emerxentes en Carballo e a súa área de influencia", elaborado en 2011 pola Cámara da Coruña a través da Antena Local de Carballo a suxestión do Observatorio Económico Local.

Un estudio que foi presentado hoxe no Viveiro de empresas polo presidente da Cámara da Coruña, Marcelo Castro-Rial Schuler, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez.

A idea do estudio queda clara: Fai moita falta a Formación, a innovación e a venda online, que son os verdadeiros os retos do sector turístico da Costa da Morte.
Ademais, o turismo activo é unha das áreas con máis potencial para captar viaxeiros.

Produtos turísticos emerxentes

Dentro do estudo, a Antena de Carballo identificou ata 19 produtos turísticos emerxentes na Costa da Morte, entre os que se atopan o turismo activo, cicloturismo, o turismo ecuestre, o submarinismo, a náutica.
Tamén destacan o turismo solidario, neste caso ligado á catástrofe ocorrida co afundimento do Prestige e que segue xerando visitas, o turismo histórico, o etnográfico, o cinematográfico, o relixioso ou espiritual, o ligado á saúde ou turismo termal, o destinado a solteiros e o da terceira idade.

Os 8 retos do sector

  • 1. Xestión do talento e apoio á formación de emprendedores do sector turístico. Un dos puntos críticos é reter o talento representado no capital humano cualificado. É de especial importancia identificar a aqueles traballadores do sector turístico que teñan potencial como emprendedores para desenvolver produtos turísticos emerxentes.
  • 2. Xestión do coñecemento e intelixencia turística. Sería recomendable estreitar a cooperación entre as empresas privadas e o sector público para ampliar o coñecemento turístico e desenvolver novas ferramentas estatísticas que permitan coñecer as preferencias de turista cada vez máis esixente.
  • 3. Innovación turística. Mellorar os procesos de innovación, aplicar nova tecnoloxía e mellorar a eficiencia dos procesos de xestión para ofrecer novos produtos.
  • 4. Incremento do valor engadido. O sector turístico da Costa da Morte débese esforzar por ofrecer produtos turísticos personalizados que teñan un alto valor para o cliente.
  • 5. Comercialización e mercadotecnia online. Sería recomendable reforzar as canles de comercialización turística, sobre todo a través de Internet.
  • 6. Implantación de produtos turísticos emerxentes. Resulta necesario ofrecer novos produtos turísticos que operen todo o ano para reducir a estacionalidade.
  • 7. Desenvolvemento sostible. Para moitos turistas, abrigo os de maior poder adquisitivo, o medioambiente constitúe un factor relevante á hora de elixir onde viaxar.
  • 8. Cooperación sectorial en produtos turísticos emerxentes. Debido a un novo escenario no que todos os destinos turísticos compiten globalmente, é necesario ampliar a cooperación entre empresas de distintas modalidades co obxectivo de crear un mix de produtos turísticos, os chamados "clubs de produto".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Cámara.

Comentarios