BNG e PSOE critican o uso electoral da MiniAutovía e o GALP por parte do PP
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, asinando un convenio de colaboración para a coordinación de actuacións turísticas nas zonas do litoral de Galicia. Un acto tildado de electoralista pola oposición.
Foto Moncho Fuentes / AGN A Coruña
Un dos clásicos de cada campaña é aproveitar o poder das institución e os seus actos como propaganda electoral. Isto é o que denuncian hoxe BNG e PSOE sobre dúas accións dos membros da Xunta. É o BNG o que saca a Autovía a colación, cun dos feitos máis graves que se recordan. A Xunta, en plena campaña para as Xerais está levando a nenos de toda bisbarra a "coñecer as obras" no tren turístico de Cabana. Sinalan que ademais ser un claro exemplo de aproveitamento electoral, é un perigo para os cativos.
O BNG critica o uso da "MiniAutovía"
Viña cantado o da Autovía Costa da Morte, con moito tempo para pensar a estratexia. E coincidiu doblemente ben, pois a pesar de ser prometida hai máis dunha década, vaise abrir entre dúas campañas. Lembra o BNG o incumprimento reiterado de prazos dende 2008, ata mesmo ficar con media Autovía.
"Mais todo está pensado e calculado, e así, case 14 anos despois, e xusto antes dunhas eleccións xerais, a mini autovía serve para facer campaña electoral paseando a ducias de nenos e nenas e entregándolle un panfleto propagandístico para que lle leven os seus proxenitores".
Dende "o BNG Costa da Morte, e sen que nos resulte sorprendente o modus operandi, todo sexa dito, censuramos este xeito de obrar do Pp, e anunciamos que presentaremos nos concellos unha moción para Reclamar a Xunta Galiza que retome o proxecto inicial da autovía que chegaba a Berdoias, e remataba en Cée cun corredor e a execución da variante de conexión dende o final dese corredor, até o peirao de Brens".
O PSOE critica a sinatura das axudas do GALP
Paralelamente, onte a Xunta asinaba un convenio en Muxía de colaboración sobre axudas ao turismo arredor do GALP, coa presencia da Conseleira do Mar. O PSOE considera "estamos ante a firma dun Acordo cuxa organización e financiamento corresponde a un "poder público" (a Xunta de Galicia) que, ademais, non se realiza nas dependencias da Xunta e foi publicitada nos medios de comunicación, polo que ten unha connotación claramente electoralista e de ningún xeito pode enmarcarse na actividade ordinaria da Administración, máxime en plena campaña electoral. Por iso, este acto non debeu nunca haberse levado a cabo, ao non ser lícito facer ostentación de investimentos ou proxectos realizados ou a realizar, posto que iso non admite a crítica, nin a controversia nin respecta os principios do pluralismo político e igualdade de acceso", denuncia.
Novas relacionadas
- Mar e Turismo asinan en Muxía un convenio de colaboración.
- Campaña 2016: PSdG e BNG arrincan a campaña costeira do 26X.
- Manuel Antelo: “Deixamos o BNG porque non podemos ser os pepiños grilo toda a vida”.
- O PSOE da Costa Atlántica manifesta a súa preocupación pola deriva do partido.
- Eleccións Xerais 2015: 7 puntos claves das eleccións xerais do #20D.
- Eleccións Xerais 2015: Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea
- Eleccións Xerais 2011: O PP arrasa na Costa da Morte igual que en toda España.
Máis novas electorais
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: A caída do PP e unha alcaldesa, os principais cambios das eleccións municipais.
- Eleccións Municipais #24M Maio 15: Resultados das Eleccións Municipais 2015 na Costa da Morte.
- Eleccións Autonómicas 2012: O PP arrasa na Costa da Morte nunhas Eleccións Autonómicas marcadas polo descontento.
- Eleccións Municipais 2011: Os resultados das Eleccións Municipais 2011.
O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015
- Decembro 2015: O Mirante: As coalicións protagonizan a recta final do 20D.
- Novembro 2015: O Mirante: Ciudadanos sitúase como a terceira forza política.
- Outubro 2015: O Mirante: PP e PSOE volven caer de cara ás Xerais de decembro
- Setembro 2015: O bipartidismo recupérase segundo o estudo demoscópico O Mirante do mes de setembro.
- Xullo 2015: #OMirante: PP e PSOE recuperan forza mentre Ciudadanos para o seu ascenso
- Xuño 2015: O PSOE achégase ao PP mentras Podemos segue collendo impulso
- Maio 2015: #OMirante: O Partido Popular continúa coa súa caída:
- Abril 2015: #OMirante: Ciudadanos medra a costa do PP.
- Marzo 2015: #OMirante: O PP retoma o mando en intención de voto ante o novo baixón de Podemos.
- Febreiro 2015: : O Mirante: Podemos frea o seu medre pero segue sendo a forza máis votada.
- Xaneiro 2015: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: O Mirante: Podemos gañaría as eleccións a día de hoxe.
- Decembro 2014: Estudio de Carlos Neira para AMEGA: Podemos, camiño da Moncloa.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).