Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Cabana acolle un Taller de manexo do estrés coa axuda da Fundación Mencer

TALLER_CABANA_ManexoAnsiedade
Cabana acolle un Taller de manexo do estrés coa axuda da Fundación Mencer

A Fundación Mencer achégase a Cabana para ofrecer á poboación da comarca un taller gratuíto sobre a ansiedade e as claves para convivir con ela, que será impartido pola psicóloga Paula Pico o martes, 4 de xuño, entre as 16:30 e as 18:00 horas no Centro de maiores.

A veciñanza da zona coñecerá de preto que significa a ansiedade, unha das problemáticas psicolóxicas máis habituais na actualidade, a través do taller gratuíto "Manexo da ansiedade".

Para asistir a esta actividade, que está dirixida ao público en xeral, cómpre inscribirse previamente, a través da Educadora familiar de Cabana, no 981 75 40 20. O prazo para solicitar praza comezará o vindeiro luns, 27 de maio, e permanecerá aberto ata o venres, día 31.

Comentarios