sábado. 02.08.2025
El tiempo

Cabana aproba, en xullo e coas críticas da oposición, os Orzamentos de 2025

Casa do Concello de Cabana
Cabana aproba, en xullo e coas críticas da oposición, os Orzamentos de 2025

Aprobaba este pasado mércores, 30 de xullo, o grupo de goberno do PP en pleno, os Orzamentos do Concello de Cabana para este xa mediado 2025. Unhas cifras que sitúan o presuposto de gastos en 4,35 millones de euros, un 12% máis que en 2024.

Os votos a favor do grupo popular non acalou as críticas do BNG, que denuncia que se trata duns “orzamentos municipais inflados” ao tempo que denuncia a “opacidade nas explicacións do pleno”.

Segundo explican desde o grupo nacionalista, o equipo de goberno presentou unhas contas "infladas e irreais”, e criticou que se aprobaron “sen ofrecer explicacións claras nin detalladas, co único obxectivo de que os números cadren sobre o papel”.

Entre os exemplos máis evidentes, o BNG sinala a previsión de ingresos por impostos indirectos, que ascenden este ano a 120.000 euros, a pesar de que en 2024 a recadación real foi de tan só 38.000 euros. “É unha práctica habitual inflar este capítulo con cifras que nunca se cumpren; levan anos asignándolle máis de 100.000 euros e nunca se supera os 40.000”, critican.

Ademais, no capítulo 5, que recolle os ingresos patrimoniais, o goberno local prevé ingresar 70.000 euros pola suposta monetización do aforro enerxético a través dos Certificados de Aforro Enerxético (CAEs). Con todo, o propio executivo recoñeceu no pleno que a día de hoxe non hai ningún CAE emitido, polo que o BNG cualifica este ingreso de "completamente ficticio”.

O grupo BNG tamén denuncia “a actitude antidemocrática do goberno local, que rexeitou tan sequera debater a moción de urxencia presentada polo BNG en defensa dun programa de becas municipais para o alumnado cabanés. Non nos deron nin a posibilidade de defendela, limitáronse a votar en contra da súa urxencia, impedindo o seu debate”, lamentan.

,

Comentarios