Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Cabana creará un centro de recepción turística para roteiros a pé e BTT

Edificio no Pendon
Cabana creará un centro de recepción turística para roteiros a pé e BTT

O Concello dfe Cabana, a través dunha subvención de Turismo de Galicia, vai destinar 30.000 euros para a restauración dun inmoble situado no percorrido do Camiño dos Faros, na contorna da praia do Pendón e o albergue xuvenil, e dedicalo a convertirse en centro de recepción turísticoa para roteiros. Servirá como punto de atención para os visitantes que se acheguen a Cabana a pé ou a través das rutas BTT, cuxa sinalización está incluída dentro deste proxecto.

O edificio pasará a contar con oficina, almacén de material, aseos, duchas e vestiarios a disposición das persoas usuarias.

A segunda parte do proxecto consistirá na sinalización de catro rutas BTT polas que se dispoñerán carteis e diferentes elementos cos que indicar e diferenciar os percorridos. O centro de recepción será o punto inicial dos itinerarios e funcionará como espazo onde poder gardar obxectos persoais e mesmo as bicicletas.

Comentarios