Cabana tamén recibe unha subvención de 1,6 millóns para a renovación do alumeado público
07:51 08/02/22
Son varios os Concellos que xa renovaron o seu alumeado público cas axudas millonarias do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). Desta volta é o Concello de Cabana o que recibirá (esta en proceso de licitación) un investimento de 1.640.000 euros.
Permitirá a substitución 2.745 dos 3.001 puntos de luz existentes, xa o que os restantes xa foran renovados en intervencións anteriores, ademais de reducirse o número de cadros eléctricos. Actuarase nas parroquias de Canduas, Borneiro, Cesullas, O Esto, Cundíns, Silvarredonda, Riobó, Nantón, Anos e Corcoesto.A nova rede, con tecnoloxía LED, permitirá un aforro enerxético do 67% e “un notable incremento das condicións de seguridade tanto de peóns como de condutores”, segundo explicou o alcalde, José Muíño.