Cabana volverá acoller o Congreso Galego de Ornitoloxía


Volve o Congreso Galego de Ornitoloxía, na súa VIII edición, a Cabana de Bergantiños. A Sociedade Galega de Ornitoloxía desenvolverá esta cita senlleira entre os días 25 e 27 de xaneiro de 2013 no salón de actos do Local Social de Neaño.
I é que a Costa da Morte é unha zona cun potencial turístico-ornitolóxico tremendo, e Cabana é lugar fetiche para o avistamento de aves en todo o país. Así o refrenda o Miradoiro de Aves José Luís Rabuñal Patiño, levando o nome dunha dos especialistas máis importantes de Galicia.
E dicimos que volve a Cabana porque xa no 2006 o Congreso celebraba a súa primeira edición na vila costeira, e repetía no 2008 coa segunda edición.
A temática este ano será sobre as “Áreas de interese para as aves en Galicia” e xa poden sguir toda a actualidade do Congreso dende o blog congresogalegoornitoloxia.blogspot.com.
Máis información
Novas relacionadas
- A ornitoloxía, un potencial produto turístico máis para a Costa da Morte.
- Vivir das aves no esteiro do Anllóns.
- 2008: II Congreso de Ornitoloxía e Turismo Ornitolóxico en Cabana.
Máis novas
- Javier Couto: “O turista cada día é máis esixente, e cada vez pide máis sendeirismo”.
- Lorena en Verde: O espectáculo do estuario do Anllóns.
- Os vídeosnaturais de Francisco Santiago López.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).