Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A cabanesa Alejandra Plaza representará a lingua materna no Schweizer Vorlesen Tag

A xornalista galega Alejandra Plaza, achegará a lingua materna aos nenos e nenas nun día tan importante en Suíza.
Alejandra Plaza obradoiro
Alejandra Plaza obradoiro
A cabanesa Alejandra Plaza representará a lingua materna no Schweizer Vorlesen Tag

O Schweizer Vorlesen Tag é un día de acción nacional que mostra a importancia e a fermosura da lectura para os nenos e nenas. Ao redor de 30 personalidades destacadas de toda Suíza están comprometidas este ano co día da lectura en voz alta. O Schweizer Vorlesen Tag aposta pola lectura regular que crea proximidade e apoia aos nenos e nenas no seu desenvolvemento. Aos nenos e nenas que se lles le a diario teñen un vocabulario máis amplo e aprenden a ler e a escribir con maior facilidade. O Instituto Suízo de Medios Infantís e Xuvenís SIKJH iniciou a xornada de lectura en cooperación con 20 Minuten.

Este ano a xornalista e escritora galega oriunda de Cabana de Bergantiños, Alejandra Plaza, aportará o seu grao de area dentro do marco das linguas maternas cun dos seus contos máis aclamados. Os nenos e nenas de 2 a 7 anos e, a través da representación española da Librería- Escola Ibercultura, poderán disfrutar da maxia dos bicos e apertas cun “Conxelador cheo de bicos”.

Ao finalizar o contacontos os rapaces e rapazas participantes reciclarán calcetíns vellos con Alejandra Plaza en Calcilandia para darlle vida aos calcicompis de Calcetina e Calceking, un par de calcetíns vellos que, en forma de bonecos, están recorrendo Europa en busca de novos amigos.

Obradoiro de calcetins con Alejandra Plaza

Todos aqueles que queiran participar na actividade en línea e gratuíta o próximo mércores 26 de maio ás 14:30 horas no obradoiro-contacontos deberán inscribirse a través dun correo electrónico en [email protected] indicando o nome e a idade dos nenos e nenas participantes ao igual que da persoa adulta que os acompañará. Un día antes recibirán o enlace á plataforma zoom para acceder á actividade.

Comentarios