Venres. 03.12.2021
El tiempo

Carme, Choncha e Esperanza, as cabanesas que limpan os montes

VoluntariasCabana
Carme, Choncha e Esperanza, as cabanesas que limpan os montes

Levan moito tempo saíndo a pasear polos montes da parroquia de Rioboo e recollendo ao seu paso todo o lixo plástico que atopan. Delas nace a proposta de aproveitar as camiñadas que fan centos de persoas por Cabana adiante, para darlle un sentido común, convertindo os paseos en accións de voluntariado ambiental.

Son Carme, Choncha e Esperanza. “Levamos con nós bolsas de plástico e aproveitamos para reunir calquera tipo de residuo que encontremos no noso traxecto”, apuntan. Elas tiran do Concello para que este sexa o que impulse esta acción por todo o termo municipal, facilitando a recollida a todas aquelas persoas que volvan dos pases cargadas de lixo.

Deste xeito, o Concello puxo á súa disposición o servizo de retirada de residuos voluminosos e iniciou unha campaña de captación de máis voluntarias e voluntarios que inclúe a entrega duns cortaventos personalizados. Con ese obxectivo, acábase de iniciar unha campaña de difusión da iniciativa mediante un vídeo nas redes sociais municipais.

“É un xeito de combinar deporte e realizar pequenas accións en favor do medio ambiente”, aseguran Carme, Choncha e Esperanza. Xa xubiladas, estas tres veciñas de Riobó conseguiron asegurar a limpeza da súa parroquia e incluso estenderon a súa actividade a outras zonas da contorna, entre as que se inclúe a ruta do Camiño dos Faros.

Para adherirse a esta campaña só é preciso poñerse en contacto co Concello para xestionar a recollida de lixo.

comentarios