Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Club Náutico de Cabana organiza un curso de piragüismo para cativos no esteiro

Praia do Pendón
Praia do Pendón
O Club Náutico de Cabana organiza un curso de piragüismo para cativos no esteiro

O Club Náutico de Cabana de Bergantiños organiza, coa colaboración do Concello, un curso de piragüismo que terá lugar na praia do Pendón os días 19, 21, 27 e 29 de xullo, así como o 3, 5, 10 e 12 de agosto.

As actividades levaranse a cabo a partir das 15:30 horas en 4 grupos de 15 participantes, con estritas medidas de seguridade. Desde a organización lembran que é imprescindible saber nadar, e para formalizar a inscrición débese enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected] co nome, apelidos, idade e teléfono de contacto.

A rapazada participante será sempre maior a 9 anos de idade.

Comentarios