Completísima #AxendaCostadaMorte para gozar o Entroido

11:51 10/02/18

Parte de 4gotas.com
Trala fronte fría que pasou o na tarde do xoves e no venres de madrugada o vento volverá a ser do norte e volverá a achegar aire frío e inestabilidade. Durante a mañá e mediodía do venres haberá chuvias intermitentes no norte e no interior da costa, quedando o litoral oeste case sen chuvias. Xa non choverá na tardiña e na noite. O sábado será un día con nubes, pero sen chuvias ata o solpor. Coincidindo co anoitecer chegarán chuvias ao litoral oeste que se estenderán ao litoral norte durante as primeiras horas da noite e ao interior da Costa na madrugada do domingo. Choverá toda a madrugada e primeira metade da mañá do domingo. no mediodía xa só o fará no norte e interior da Costa, quedando sen chuvias o litoral oeste. O venres e a madrugada do sábado serán momentos de moito frío, subindo as temperaturas no mediodía do sábado, pero para volver a baixar na tarde do domingo, cando volverá a arrefriar. O luns será un día frío con chuvias e mesmo saraibadas. No litoral oeste só caerán a primeiras horas da mañá; no resto do día apenas caerán nesa zona da Costa. Pola contra, o martes, xa con ventos do suroeste, puntualmente fortes, o litoral oeste será o máis afectado polas chuvias. Caerán nese litoral pola mañá e xa no mediodía se estenderán a toda a Costa e a medida que avance a tarde iranse intensificando, acumulándose importantes cantidades de chuvia que continuarían o mércores. Toca martes e mércores de Entroido pasados por auga (moita semella) :-(Citas singulares
-
- O venres haberá unha presentación literaria en Carnota.
- A Tenda Stoupa de Cee acolle na noite do venres outra presentación literiaria.
- Tamén o venres haberá unha cata de mel en Laxe.
- O sábado haberá unha fantástica cocido-foliada en Baio.
- Erbecedo está en festas relixiosas na honra da Virxe de Lourdes.
Entroidos costeiros
-
-
- Cabana: Un gran Martes de Entroido en Cabana.
- Camariñas: Camariñas vístese de gala para o seu Martes de Entroido e o Enterro da Sardiña.
- Carballo: Carballo prepara o seu potente domingo de Entroido.
- Carnota: Carnota prepara un entroido moi regueifeiro
- Cee: Cee reparte 4.5000 euros entre os mellores disfraces
- Corcubión: Sábado entroideiro en Corcubión.
- Dumbría: O Entroido pon Dumbría patas arriba.
- Fisterra: Catro comparsas parodiarán o Entroido de Fisterra.
- Laxe: O Caietano volve ser protagonista do Entroido de Laxe.
- Malpica: Os clásicos do Entroido xa “quentan” en Malpica
- Mazaricos: O Exército de Panos, os colexios, as asociacións e as tapas protagonizan o Entruido de Mazaricos.
- Muros: As comparsas e Facundo protagonizan o Entroido de Muros.
- Muxía: O Enterro do Percebe DollarTrump, o cumio do Entroido muxián
- Ponteceso: Domingo de Entroido en Ponteceso e Martes en Corme.
- Santa Comba Santa Comba prepara o seu doble festival de Entroido.
- Vimianzo: Entroido de Vimianzo.
- Baíñas: O Entroido de Baiñas quenta motores
- Zas: Máis Entroido en Zas
-
Exposicións
-
-
- A Tenda Turística Stoupa acolle este mes unha exposición do autor muradano Roque Rey.
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
-
Máis información
Fonte
-
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)