Xoves. 19.09.2024
El tiempo

Compromiso x Galicia arrinca en Bergantiños e Carballo

Compromiso x Galicia arrinca en Bergantiños e Carballo
Esther Iglesias xunto a Monteagudo nunha Convencio de CxG

A formación galeguista ven de elexir á carballesa Esther Iglesias Barreiro como nova coordinadora comarcal de CxG-Bergantiños, e a Xosé Anxo Varela Negreira como novo secretario local de CxG-Carballo. As dúas elecións tiveron lugar esta semana por unanimidade nunha xuntanza celebrada en Carballo, á que asistiron persoas afiliadas e simpatizantes de toda a Comarca, así como a coordinadora territorial e voceira muradá María Xosé Alfonso.

A nova coordinadora de CxG-Bergantiños, Esther Iglesias, agradece a confianza depositada en ela pola afiliación de CxG-Bergantiños e, asume con entusiasmo o reto que supón este cargo, dende o que asegura que "traballará arreo para que as distintas localidades que conforman a Comarca, traballen conxuntamente para avanzar na resolución dos problemas e necesidades da Comarca". Ademais, como coordinadora comarcal pasa a formar parte do Consello Político Nacional de CxG, ao que trasladará as problemáticas e inquietudes de toda a Comarca.

Pola súa banda, o novo secretario de CxG-Carballo, Xosé Anxo Varela Negreira, tamén se sente agradecido aos seus compañeiros e compañeiras de CxG-Carballo por consideralo a persoa máis idónea para asumir a secretaria local de Carballo e amósase "decidido a traballar arreo en equipo cos seus compañeiros e compañeiras de Carballo, a prol dos intereses da cidadania carballesa".

Fonte

  • Nota de prensa de CxG Bergantiños.

Comentarios