Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Coral de Cesullas pronto poderá usar a Reitoral

221117 AVM CABANA DE BERGANTINOS 2
A Coral de Cesullas pronto poderá usar a Reitoral

A Casa Reitoral de Cesullas terá unha nova vida cando rematen as obras de rehabilitación desenvoltas polo Concello, gracias a un préstamo de 150.000 euros (sen xuros e ata 8 anos) da Xunta ao Concello.

A rehabilitación permitirá recuperar os seus volumes orixinais para  destinala nun futuro a fins sociais, culturais, interpretativos ou de promoción da zona.

Intervirase, entre outras cuestións, en aspectos como a urbanización do acceso a través do atrio da igrexa, a partición de interiores e tabiquería, a instalación de electricidade, iluminación, fontanería, saneamento e aparellos sanitarios. A maiores, tamén se levarán a cabo solados e alicatados, revestimentos e falsos teitos, e illamentos así como a instalación de protección contra incendios.

Unha das protagonistas será a música, xa que será ocupada pola Coral, entre outras actividades.

221117 AVM CABANA DE BERGANTINOS 1


 

Comentarios