Os Cormoráns sacan ao escenario ás novas bandas de English Rocks Carballo

Volven á carga os membros da ACD Cormoráns. A entidade volve organizar un concerto de música pop-rock en Cabana. Desta volta, a cita é este sábado 5 de abril, e actuarán 2 grupos da Academia English Rocks Carballo: Fool System e Retro Tool. Compartirán escenario no Auditorio Municipal de Cabana de Bergantiños, desde as 19 horas, e a entrada é de balde.
Os Cormoráns querem poñer en valor o traballo da academia que coidan Josie Calvo, que imparte clases de inglés, e Martín Cousillas, que se encarga da parte musical, con clases de guitarra, baixo eléctrico e ukelele. O seu obxectivo é formar e darlle ao alumnado a posibilidade de compartir a súa aprendizaxe e a súa música máis aló das aulas. Na actualidade, ademais dos dous grupos que soarán en Cabana, tamén están os Sweets, The Buddies e Dreamers, dos que seguramente xa daremos conta.