Cruz Vermella lanza unha Escola de Avós e Avoas Educadoras en Cabana
Din que os fill@s non veñen con manual de instrucións. Tampouco os net@s. E para darlle ferramentas aos nosos maiores, Cruz Vermella de Carballo vén de propoñer unha Escola de Avós e Avoas Educadores para Cabana.
Esta formación, que se impartirá nun total de once sesións (os luns de 10:30 horas a 12:00), aborda cuestións como os hábitos de vida saudables, problemas específicos da adolescencia, a resolución de conflitos coa rapazada, como cambiou o mundo nos últimos anos ou a influencia das novas tecnoloxías e o uso sensato dos teléfonos móbiles e dispositivos intelixentes.
Aquelas persoas interesadas en sumarse ao proxecto poderán inscribirse desde o luns 21 ata o luns 28 de febreiro. Para máis información pódese contactar coa educadora familiar do Concello a través do correo electrónico [email protected] ou chamando ao 981 754 020.