Domingo. 07.06.2020
El tiempo

A Cultura, o mellor antídoto contra o Confinamento

Os Farrapos de Cesullas poñen cultura para pasar o confinamento
Os Farrapos de Cesullas poñen cultura para pasar o confinamento
A Cultura, o mellor antídoto contra o Confinamento

Sen vida non hai cultura e a cultura nos está enchendo de vida, principalmente nestes intres tan complexos e dramáticos que estamos vivindo de maneira individual dende as nosas casas pero unidos nesta loita contra o Coronavirus.

A cultura en forma de música, de literatura, de creatividade... está, a través das redes sociais, dende os balcóns e finestras alegrándonos e regalándonos uns días de confinamento impagables e levadeiros.

Hoxe, mañá e sempre, somos conscientes que os traballadores/as culturais, as asociacións, os centros sociais, etc. son imprescindibles nas nosas vidas. Seguramente, sexan as últimas persoas da cadea en volver a reincorporarse nos seus traballos porque, a cultura é unión e xuntanza, algo que, por desgracia, non vamos facer á carreira. Quizáis, tras este golpe de humanidade e humildade que a actualidade nos está propinando, aprendamos a valorar e coidar máis este tipo de actividades que, tantas veces se levan a cabo de maneira altruista. Disto último entenden moito os talentosos artistas da Costa da Morte, principalmente, do Concello de Cabana de Bergantiños, que ante as adversidades e o silencio da vida cotiá, non deixan de crear e compartir música e poesía cos veciños co fin de manter a alegría, a esperanza e o positivismo nos fogares. Berce de grandes músicos de todo tipo e referente da música popular galega, Cabana presume tamén de grandes poetas e regueifeiros.

Fina do Xusto dos Farrapos de Cesullas
Fina do Xusto

Unha das poetas máis coñecidas e que da nome á librería do Concello, é sen dúbida, María Baña. Unha muller que, aínda sen saber ler nen escribir, soubo plasmar os seus sentimentos e as vivencias cos seus veciños no entorno de Cabana. O seu legado forma parte da historia do concello e a súa faceta artística, dunha ou outra maneira, foi heredada polos seus fillos. Fina Cousillas, máis coñecida como Fina de Xusto, é a súa filla e a impronta literaria de súa nai forma parte da súa xenética. Preocupada pola situación que se está vivindo e apenada polo futuro que lles depara aos máis xóvenes cando esta crisis remate, non deixa de transmitir o seu sentir sobre papel coa motivación de darlle forma a un libro que poda ver a luz ao finalizar esta guerra vírica.

”O folclore e a tradición popular aquí non desaparecerá. Está moi arraigado ao pobo e sempre surxe alguén novo que o leva nos xenes" declarou.

Vai uns días escribiu unha poesía sobre o Coronavirus que se fixo viral grazas aos seus veciños e ao propio concello.

Os Farrapos de Cesullas é unha desas agrupacións cabanesas que lle dan continuidade ás pezas tradicionais e populares da cultura musical bergantiñana cun toque farrapeiro sen perder o legado dos seus veciños. E así, recolleron o poema de Fina para darlle voz e porlle música.

O grupo está formado por homes e mulleres, algúns deles emigrantes retornados de Suiza, outros nacidos aló, outros do concello de Ponteceso e outros da casa que colleron o relevo de aqueles que animaban as romarías, as feiras, as xuntanzas ou as tabernas. De maneira telemática continúan a xuntarse e a deixar voar a creatividade e cómo millor que facendo os arranxos musicais ás palabras dunha veciña, neste caso, das de Fina de Xusto. Creadores da Foliada Farrapeira co fin de recuperar o espíritu da festa máis enxebre e aproveitando o espazo que brinda o campo de Sanfíns do Castro en Cesullas, este grupo de amigos e amigas esperan e desexan que toda esta situación pase o antes posible e poidan celebrar a quinta edición deste evento para disfrutar do que máis lles gusta, a festa rachada, a xuntanza e a música tradicional.

Os Farrapos de Cesullas 2Os Farrapos de Cesullas 3
Varias imaxes dos Farrapos de Cesullas

Embaixada.gal: Sen Cultura non hai país

Na mesma liña, dende embaixada.gal para a nova campaña de visualización do sector cultural (en xeral, dende músicos e actrices ata técnicos, cámaras, directoras, programadoras, axentes...) para dar conta da difícil situación que estamos a sufrir coa Covid-19 e da necesidade dunha postura pública clara que nos apoie. Co cancelo #NonNosCanceles busca visibilidade para os [email protected] da Cultura, profesión que sofre un paro indefinido e sen apenas soporte a curto-medio prazo.

"Fanse urxentes as medidas de compensación para un sector sen ningunha garantía nin axuda específica.
Fomos os primeiros en saír da escena e non queremos ser os últimos en entrar; o noso futuro non pode ser cancelado".

Traballador cultural-Non nos canceles

Cultura contra o confinamento

comentarios