Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dombate acolle unha sesión científica sobre a protección do ceo nocturno

Aulas Cientificas
Dombate acolle unha sesión científica sobre a protección do ceo nocturno

Co proxecto de convertirnos en Destino Start Light, volve ao Dolmen de Dombate nun momento ideal unha nova sesión de ‘A luz da ciencia’, que afondarán arredor do protección do ceo nocturno.

Seran dúas sesións, que nesta ocasión estarán abertas ao público presencialmente, e que se celebrarán no propio Dolmen de Dombate o xoves 14 e venres 15, ambos días ás 19h. Ao igual que en edicións anteriores, os contidos tamén estarán dispoñibles nas páxinas www.dacoruna.gal e web www.cabana.gal - a partir do vindeiro 3 de agosto-.

Tras unha apertura institucional, encabezada polo deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, terán lugar dous relatorios. O primeiro leva por título “Preservación do ceo nocturno e desenvolvemento sostible local” e correrá a cargo de Antonia M. Varela Pérez, directora xerente da Fundación Starlight e enxeñeira superior do Instituto de Astrofísica de Canarias; e o segundo “Destinos Starlight: a paisaxe no ceo” a cargo de Óscar Blanco Varela, astrofotógrafo, socio fundador da Agrupación Astronómica Ío e director do Centro Astronómico de Trevinca. A sesión continuará cunha mesa redonda ao redor do “desenvolvemento asociado ás certificacións Starlight” e rematará, ás 23h, cunha observación astronómica desde o chan de Dombate.

Na sesión do venres o primeiro relatorio versará sobre “Contaminación luminosa: a desaparición da noite” a cargo de Xabier Pérez Couto, matemático e investigador en contaminación luminosa. Continuará coa inteverción “Utilizando a tecnoloxía e luz artificial nocturna para iluminar sen contaminar” a cargo de Susana Malón Giménez, CEO e directora de Lumínica Ambiental e membro da Junta de Gobierno do Comité Español de Iluminación, e rematará cunha mesa redonda titulada ‘Como de realistas son as medidas de control da contaminación luminosa?”

Novas relacionadas

Comentarios