Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dombate, a Catedral da Ciencia, analiza a pandemia

Presentación Xornadas Dombate
Rolda de prensa de presentación
Dombate, a Catedral da Ciencia, analiza a pandemia

Volve convertirse o Dolmen de Dombate na Catedral da Ciencia. Despois das primeiras aulas de luz e ciencia celebradas a finais de marzo, o espazo cabanés acolll este vindeiro 10 de xuño unha cita cos ‘Os segredos da covid-19’. A vacinación e a loita contra a covid-19 serán os temas centrais destas segundas xornadas, que se emitirán a través de streaming, e que pretenden servir de recurso formativo a través da rede.

Así o explicaron na rolda de prensa de presentación deputado de Patrimonio, Xosé Luis Penas, o alcalde de Cabana, José Muíño, a titular do departamento de Cultura, Silvia Losada, e o catedrático en física aplicada pola USC, Jorge Mira, o armadanzas do proxecto.

Destacaron a presencia de especialistas de nivel internacional, como:

  • Federico Martinón Torres, coordinador e Xefe do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico de Santiago, con ‘Covid-19 e vacinas. Quen pode máis?’;
  • Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, con ‘Por que algúns teñen problemas graves coa covid e outros son asintomáticos? A xenética do hóspede’;
  • Marisa Juanes Carrasco, doutora en ciencia e tecnoloxía química pola USC, con ‘A importancia da química na loita contra a covid-19’;
  • Margarita Poza Domínguez, investigadora sénior do Instituto de Investigación Biomédica e profesora asociada da UDC, con ‘Sistemas epidemiolóxicos de alerta temperá: entendendo a evolución da pandemia da covid-19 en augas residuais’.

Pontenes Aulas Ciencia Dombate sobre covid

Ademais das aulas individuais, Ángel Carracedo e Federico Martinón uniranse a Jorge Mira e a Luis Verde Remeseiro, xerente da área sanitaria da Coruña – Cee, para debater e afondar sobre a cuestión da loita contra a enfermidade nunha mesa redonda co título ‘Que podemos facer para mellora-la loita contra esta pandemia?’.

Como velas xornadas?

Os contidos destas xornadas estarán dispoñibles en www.dacoruna.gal e www.cabana.gal e as redes sociais da Deputación e o Concello de Cabana a partir do 10 de xuño.

CartelXornadasCientíficas

Novas relacionadas

Comentarios