Dombate non supera a marca dos 30.000 visitantes
09:15 02/01/19
Os escolares representan unha parte dos visitantes ao Dolmen de Dombate
Xa ten o Servizo de Seguridade e Vixiancia do Centro Arqueolóxico do Dolmen de Dombate os datos de visitantes de 2017. Uns datos que deixan lugar á reflexións, pois parece que se estanca despois de 7 anos de continuo crecemento dende a súa inauguración en 2011.
Este 2017, nas máis de 3.000 visitas guiadas, foron 28.046 visitantes os que recibíu a Catedral do Megalitismo, 697 menos que en 2017. Unha cifra ademais que se asemella á dos visitante no Castelo de Vimianzo, e que fica moi lonxe dos do Cabo Fisterra.
Nestes datos inclúense os visitantes asistentes ás actividades complementarias (visitas teatralizadas, nocturnas, concertos, roteiros…).
Os datos:
Mes | Visitantes |
Xaneiro | 314 |
Febreiro | 522 |
Marzo | 1661 |
Abril | 2129 |
Maio | 3114 |
Xuño | 3058 |
Xullo | 4396 |
Agosto | 7272 |
Setembro | 2828 |
Outubro | 998 |
Novembro | 712 |
Decembro | 1042 |
Total 2018 | 28.046 visitantes |