sábado. 15.03.2025
El tiempo

Eleccións Europeas: A Costa da Morte non cre no final do bipartidismo

Eleccións Europeas: A Costa da Morte non cre no final do bipartidismo
Grafico das Eleccions Europeas 2014 na Costa da Morte

Pois xa temos os resultados das Eleccións Europeas 2014. Despois da lectura de José Luís Louzán, falamos dunhas eleccións que a nivel estatal deixan un panorama moito máis variado do habitual, e podemos (nunca mellor traído) falar dun claro camiño cara o final do bipartidismo. A aparición de ata 8 grupos con escaño, ademais dos dous maioritarios, dá conta do que falamos.

Había 41 opcións de voto, e se a variedade foi predominante a nivel estatal, na Costa da Morte apenas 6 grupos levaron o 99% dos votos. A análise galega deixámoslla aos compañeiros de Galicia Confidencial, que destacan a presencia de Podemos como 4ª forza en Galicia, por detrás de PP, PSOE e AGE e por diante do BNG.

Supremacía do PP na Costa da Morte

Xa analizando os datos colleitados na Costa da Morte, en canto á participación, foi dun 40%, 5 puntos máis baixa que no resto de España. E o PP mantense foi a forza maioritaria, cun 29% dos votos, moito máis que a media española. O PP gañou en 14 dos 18 Concellos QPC, e só en Camariñas, Corcubión, Dumbría e Muxía o PSOE o superou. Datos que demostran a incidencia da política municipal nestes comicios europeos, xa que estes son os 4 concellos gobernados polo PSOE. O grupo socialista recibiu o 26% dos votos dos costeiros.

O BNG mantense como 3ª forza na Costa da Morte ca súa coalición “Los pueblos deciden”, con EH Bildu, Alternativa Nacionalista Canaria (ANC), Unidad del Pueblo (UP), Andecha Astur e a formación aragonesa Puyalon de Cuchas, que acadou 1 só escano. O BNG recibíu nos Concellos costeiros un 11% dos votos e terá presencia durante ano e medio no Parlamento, e estará dende xa no Grupo parlamentar de coalición.

Por detrás situouse AGE e a súa coalición co IU, dentro da Izquierda Plural, que conseguíu 6 escanos no Parlamento, cun 8% dos votos na Costa da Morte.

Sorprende, tanto a nivel estatal como galega comarcal, a irrupción de Podemos, cun 4% dos votos nunha zona illada como a nosa na que a formación apenas tivo presencia en Fisterra. 5 escanos terá o novo grupo en Europa.
UPyD foi a 5ª forza costeira co 2%..
A presencia de Compromiso por Galicia apenas se notou en Muros, co 7 % e quedando por diante de Podemos e UPyD.

Eleccions Europeas 2104 na Costa da Morte

Resultados estatais

Non convence Europa e non convence o bipartidismo. Observando a escasa participación do 46% parece que a xente segue sen dar especial importancia ao parlamento Europeo ou que os partidos que se presentan non convencen o suficiente como para achegarse ás urnas.

Os resultados dan a vitoria ao PP que consegue 16 escanos, dous máis que o PSOE, pero máis destacable que isto é o feito de que entre os dous grandes partidos non conseguen sumar o 50% dos votos, asi que aos poucos deixan de ser tan grandes e esta tendencia segue crecendo a medida que se suceden eleccións. Tamén se conclúe que cada vez nos convencen menos campañas sen ideas nin solucionesconstruidas basicamente no ataque ao contrario. Ata o momento non houbo síntomas de que queiran romper esta tendencia.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios