Empezaron as obras, por un 1 millón de euros, de mellora da estrada AC-423 entre Agrilloi e Ponteceso
10:13 25/08/21
Xa están as máquinas traballando na ª fase de acondicionamento da estrada AC-423, que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños. Os traballos, que suporán un investimento de máis dun millón de euros, contan cun prazo de execución de 6 meses.
A intervención levarase a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 0 e 5+350.
Porase unha nova capa de rodadura e tamén se rectificarán as curvas con radio reducido -aquelas cun radio inferior aos 50 metros- nun treito aproximado de medio quilómetro.