En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos


Amosaban a súa oposición a semana pasada, e estes días veñen de raticalo achegándose para coñecer o asunto de preto. O viceportavoz de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sáchez, e o deputado Francisco Casal realizaron unha vistiou este domingo xunto con representantes de Salvemos Cabana aos terreo sonde esta prevista a instalación do parque eólico de Mouriños en Cabana de Bergantiños.
O grupo considera que “a Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais presentada polo PP é un compendio de medidas que buscan dar máis privilexios ás grandes empresas de determinados sectores estratéxicos, e minar as posibilidades da cidadanía para facerlles fronte reducindo á mínima expresión a participación pública e as garantías ambientais”.
”Especial interese”
Unha mostra máis é a súa Disposición Adicional segunda onde se definen os Proxectos declarados de especial interese e as consecuencias que terá esta declaración.
Deste xeito “serán declarados proxectos de especial interese os que se desenvolvan no marco de poxas para a asignación de réxime retributivo específico a instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de tecnoloxías renovables, impulsadas ao amparo do disposto no Real Decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos. A consecuencia que terá esta declaración de aprobarse esta lei nestes termos é que automaticamente será considerada prioritaria a súa tramitación e os prazos para a súa autorización e para a tramitación ambiental serán reducidos á metade. Ademais a súa declaración de utilidade pública será outorgada polo órgano competente en materia de enerxía e suporá automaticamente a prevalencia deses proxectos sobre outra utilidade pública sexa o aproveitamento do monte, o sector turístico ou a preservación dos valores ambientais”.
Dende En Marea consideran “escandaloso o outorgamento de privilexios para as empresas eléctricas que sexan adxudicatarias do sistema de poxas que desenvolvan proxectos de parques eólicos, plantas de biomasa, de queima de residuos, ou de coxeneración, que terán o camiño expedito para levalos a cabo de xeito rápido pasando por riba dos dereitos das persoas propietarias do terreo, e por riba do dereito deste país a integrar outros usos no seu territorio e a conservar os seus valores ambientais e paisaxísticos”.
Entenden que “con esta proposición de lei aínda sería máis difícil, practicamente imposible facer fronte a proxectos coma o do Parque de Mouriños que supoñen un beneficio enorme para a empresa e prexuício para a veciñanza” e lamentan que non se atenta á xente para a que “a prevalencia é conservar o Castelo de Borneiro e o seu entorno como un patrimonio único e non colocar alí uns aeroxeneradores porque sexa o mellor lugar para darlle negocio a Gas Natural-Fenosa”.
Novas relacionadas
- Agosto 2017: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: En Marea oponse aos parques eólicos de Cabana e Laxe.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: Fotodesfeita: Pintadas non.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 2017: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos.
- Febreiro 2016: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Outras novas eólicas
- Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).