Sábado. 04.12.2021
El tiempo

Enésimo accidente na comarcal AC-552

Enésimo accidente na comarcal AC-552
Non para a sangría de accidentes que está acosando á Costa da Morte nas últimas datas. E a protagonista é a de sempre, a estrada comarcal AC-552, un auténtico perigo de morte. E mentres esperamos pola VAC sen moita esperanza, teremos tamén que agardar ata o cuarto trimestre do 2011 para que se aborden as obras de mellora da propia AC-552. Da man de Xusto Gómez coñecemos o accidente que ocorría esta mesma tarde de venres 18 de febreiro de 2011, arredor das 15:00h, no quilómetro 48 da AC-552, no lugar de A Piolla, no termo municipal de Cabana de Bergantiños. A colisión producíase entre unha furgoneta, na que viaxaban un condutor e unha muller; e outro coche. Ao lugar chegaron os equipos de Urxencias, Proteccion Civil de Cabana e os Bombeiros de Carballo, que tiveron que excarcelar ao propio condutor. Este tivo que ser levado de urxencias ata o Hospital Juan Canalejo. Segundo nos informaba a propia acompañante, que tiña o ollo esquerdo inchado, o home, de nome José Manuel, vai casar a semana que vén.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios