Inaugurada a ampliación do Centro de Día de Neaño
- Nin Concello nin Xunta confirman o prometido aumento de prazas

14:33 09/02/23
Cumple 14 anos o Centro de Día de Neaño, en Cabana, e faino celebrando a inauguración da súa ampliación. A Conselleira de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, Fabiola García, acodía ao centro para comprobar o ben que lle sentan os novos 260 metros cadrados de superficie cuberta repartidos en distintas instancias como unha sala de exercicios, un comedor e a súa correspondente cociña, ou unha sala polivalente, entre outros espazos. A obra, que contou cun orzamento de 423.538,36 euro, permitirá crear unha nova horta de 157 metros cadrados.
As as obras empezaron o pasado mes de novembro e a idea é que o número máximo de usuari@s pase de 25 aos 40, algo que polo de agora non confirmou nin a Xunta nin o Concello.