Luns. 07.10.2024
El tiempo

Íntegro acompaña a 70 mulleres en situación de vulnerabilidade no marco do PIMDRural

PIMDRURAL de Integro acompana a mulleres
Íntegro acompaña a 70 mulleres en situación de vulnerabilidade no marco do PIMDRural

O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade Funcional do Rural (PIMD Rural) vén de clausurar a edición correspondente ao período 2023/2024 cun balance máis que positivo e un notable incremento de usuarias con respecto ao últimos anos. Dende o pasado mes de setembro, foron atendidas preto de 70 mulleres (69), a maioría delas (48) con disCapacidade, sendo as restantes residentes en concellos rurais da Costa da Morte con baixa densidade de poboación.

O equipo do PIMDRural en Íntegro permite un servizo de continuidade, gracias á implicación de tres profesionais: unha psicóloga, unha educadora social e unha traballadora social.

Ao longo deste exercicio rexistrouse un maior incremento de intervencións na área psicolóxica debido á dispoñibilidade a xornada completa de persoal especializado na atención individualizada e a mediación familiar e/ou intercultural para a resolución de conflitos no ámbito doméstico.

PIMDRURAL de Integro acompana a mulleres ao banco
Acompañando ao banco

Por outra banda, realizáronse numerosas actuacións encamiñadas á orientación e información e asesoramento en recursos singularizados,  actividades para a adquisición de habilidades persoais e/ou sociais, tanto individuais como grupais, dirixidas a grupos reducidos para ofrecer un servizo individualizado, apoio na prospección laboral... Acompañamentos na xestión de todo tipo de trámites (administrativos, de saúde, laborais, de atención e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos para facilitar ás persoas usuarias a súa integración social. 

As accións de  orientación laboral e o seguimento na busca de emprego seguen sendo, xunto coa realización de actividades para a mellora da empregabilidade, unhas das prestacións máis requiridas polas usuarias, que nesta edición posibilitaron a inserción laboral de 6 persoas. 

Máis novas

Comentarios