Íntegro cambia de nome para abarcar toda a Costa da Morte
Que a Asociación Íntegro traballaba en toda a Costa da Morte xa se sabía. Pero a entidade vén de rubricalo ata no nome. O pasado sábado, na Asemblea, dentro dunha xuntanza festiva, celebrada no Centro de Recursos de Nantón, aprobaban a modificación o ámbito de actuación da asociación e, por conseguinte, a súa denominación. Tras un amplo debate entre os socios/as, a decisión foi unánime e procedeuse a súa aprobación pasando a chamarse “Asociación INTEGRO das persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte”. O novo nome, ademais de englobar as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra, aporta unha fácil e rápida localización do territorio e fai alusión unha marca de calidade, con identidade propia e sobradamente coñecida.
A Asemblea deu pasi a un ambiente moito máis festivo e relaxado que comezou coa celebración dunha sesión vermú a cargo dun dúo musical moi especial, composto pola nosa logopeda, Beatriz Loureiro, e o seu compañeiro, Ricardo Blanco. A ritmo de cumbia, pasodobre e chachachá, os convidados foron tomando asento para degustar un cocido á altura dos padais máis esixentes e ao que non lle faltou detalle.
Ao longo da tarde houbo actividades para todas as idades, sorpresas, máis baile, agasallos e, sobre todo, momentos para rir, conversar e compartir coa familia e os amigos/as. Grazas a todos e a todas por asistir e parabéns ao noso equipo polo traballo realizado.
Xentes de Íntegro que foron os organizadores do cocido Novas relacionadas- Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego.
- Escolares do CEIP Canosa-Rus de Coristanco coñecen as instalacións de Íntegro
- Os agasallos máis orixinais deste san Valentín tenos Íntegro
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro