Íntegro normaliza a diversidade nas escolas
A Asociación Íntegro, xa co novo nome costeiro, segue coas súas actividades de concienciación. E as que se fan nos centros de ensino teñen un carácter especial, porque van dirixidas a un público tremendamente absorvente, sobre oq ue poden cambiar toda unha mentalidade con realidades directas. Saben dende a asociación que é fundamtenal que a mocidade vexa de preto como é a diversidade, para naturalizala e asumila como normal, un dos pasos claves da inclusión.
Nesas ideas se basa o programa Capacíta-T e as accións formativas de sensibilización que o pasado venres levaron aos membros da entidade ao CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños Nesta ocasión, os alumnos e alumnas de 3º e 4 da ESO foron, xunto cos máis cativos/as, os e as protagonistas dunha xornada destinada a xogar, educar e concienciar sobre a diversidade. E o resultado foi espectacular!
Pola súa banda, os estudantes de secundaria participaron nunha sesión informativa sobre prevención de lesións medulares, dentro da campaña que estamos a levar a cabo en numerosos centros educativos de primaria e secundaria da Costa da Morte. O presidente de Íntegro, Adolfo López Baña, e o vicepresidente, Ramón Pombo, foron os encargados de explicar as principais causas e consecuencias de sufrir unha lesión medular durante a charla teórica que impartiron aos alumnos/as co obxectivo, ademais, de conciencialos sobre a importancia de previr prácticas de risco en praias e piscinas ou en accidentes de tráfico para evitar danos irreparables. O relato das súas propias experiencias persoais deu paso á posta en práctica da destreza dos escolares sobre unha cadeira de rodas comprobando así o difícil que resulta desprazarse coa mobilidade reducida. Aínda así houbo quen se atreveu a botar unha carreira!
Mestúra-T en infantil
Pero os momentos máis simpáticos e sorprendentes viñeron da man de Mestúra-T, unha versión infantil do noso programa de sensibilización dirixido a concienciar aos máis pequenos mediante o xogo e o entretemento. E foron, precisamente, os alumnos de 6º de infantil os que, unha vez máis, nos deixaron impresionados/as coa súa naturalidade, espontaneidade e gran capacidade de asimilación. A directora do Centro de Recursos de Íntegro, Noelia Barreira, e a nosa psicóloga, Begoña Rial, achegaron a diversidade e a inclusión aos escolares de 5 anos mediante contacontos de sensibilización e diferentes actividades lúdicas nas que se empregaron técnicas tan divertidas como a caracterización para representar escenas cotiás da vida das persoas con diversidade funcional. Unha experiencia moi enriquecedora que ven a reforzar a nosa aposta por unha educación inclusiva dende a infancia e unha aprendizaxe en valores.
Queres que visiten o teu colexio?
Se queredes que Capacíta-T ou Mestúra-T visiten o voso colexio ou instituto, non tedes máis que poñervos en contacto co centro chamando ao 981 734 985.
Novas relacionadas
- Íntegro cambia de nome para abarcar toda a Costa da Morte.
- Íntegro crea un novo espazo para a inserción laboral da muller chamado clubEmprego.
- Escolares do CEIP Canosa-Rus de Coristanco coñecen as instalacións de Íntegro
- Os agasallos máis orixinais deste san Valentín tenos Íntegro
- Íntegro reforza o proxecto PIMD Rural con novas canles para a inserción laboral
- Íntegro organiza un mercado de Nadal con agasallos artesanais e solidarios
- Íntegro abre as súas portas con motivo do día internacional da diversidade funcional
- Íntegro abre unha nova edición de Visítanos! cos escolares de Camariñas e Ponte do Porto
- Os usuarios de Íntegro apúntanse a reciclar
- Íntegro informa sobre a prevención das lesións medulares aos escolares.
- Íntegro e La Caixa asinan un convenio de colaboración para un programa vacacional
- De visita a Madrid
- Íntegro pecha o sétimo curso do PIMD Rural
- Íntegro lánzase ao crowdfunding
- Laxe súmase ao programa formativo para mulleres con disCapacidade de Integro
- Íntegro imparte cursos para mulleres con disCapacidade en Ponteceso e Malpica
- “Bicos de Amora”, a nova marca de xabóns de glicerina de Íntegro
- Íntegro forma a mulleres con diversidade funcional do rural costeiro
- Escolares do CEIP San Vicenzo de Vimianzo visitan as instalacións de Íntegro.
- Íntegro amplía o Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade a varios concellos
- Un San Valentín doce e moi Íntegro
- Cogami interésase polo traballo da Asociación Íntegro.
- Íntegro avanza cara a Inclusión a base de experiencias persoais.
- Íntegro imparte en Malpica un curso de colocación de pladur e de pintura
- Íntegro recibe o apoio da Deputación da Coruña
- Íntegro prepara un completo programa para o Día da Inclusión
- Unha Carreira para integrar.
- Os discapacitados somos nós.
- 40 persoas con discapacidade insertáronse en Bergantiños a través de COGAMI.
- Íntegro normaliza a diferencia na Diversiescola de Carballo.
- 2014: Íntegro, Adisbismur, Ambas e Misela celebraron o Día da Inclusión en Ponteceso.
- 20 anos de integridade dende Cabana para toda a Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Íntegro