Venres. 26.04.2024
El tiempo

Íntegrou axudou este ano a 60 mulleres que sofren a tripla discriminación

Farmacia de Nanton
Íntegrou axudou este ano a 60 mulleres que sofren a tripla discriminación

Fai repaso a Asociación Íntegro da actividade do Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade do Rural (PIMDRural). Un proxecto co-financiado polo Fondo Social Europeo (FSE) ao abeiro do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, que atendeu a 62 mulleres en situación de vulnerabilidade dende o pasado mes de outubro.

A maioría das mulleres atendidas son mulleres con disCapacidade e residentes en concellos rurais da Costa da Morte con baixa densidade de poboación, ás que deron ferramentas para fomentar a igualdade de oportunidades e contribuír a diminuír a tripla discriminación á que se ven sometida.

Ao longo deste exercicio, realizáronse numerosas actuacións encamiñadas á orientación e información sobre recursos singularizados, de atención e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos para facilitar ás persoas usuarias a súa integración social.
De feito, un dos máis demandados nos últimos meses foi o acompañamento a centros sanitarios e outras administracións públicas ou en entidades bancarias para a realización de trámites básicos.
A orientación laboral e o seguimento na busca de emprego foi, xunto coa realización de actividades para a mellora da empregabilidade, unha das prestacións máis requiridas polas usuarias, que tamén precisaron do servizo de atención psicolóxica e mediación familiar e/ou intercultural para a resolución de conflitos no ámbito doméstico.
Tamén realizaron accións formativas, como talleres sobre habilidades pre-laborais, habilidades sociais e domésticas, resolución de conflitos, auto-coidados, manexo do teléfono móbil e busca activa de emprego.

Así que se es muller con ou sen discapacidade, resides no rural e queres recibir formación ou precisas apoio e/ou asesoramento, non dubides en poñerte en contacto con Íntegro chamando ao 981 734 985 ou enviando un mail a [email protected].

Novas relacionadas

Comentarios