#8M: A tripla discriminación das mulleres con discapacidade do rural
Mentres a bisbarra se prepara para unha xornada de concentracións, son varias as entidades vinculadas coa diversidade que envían os seus comunicados co gallo do Día da Muller, facendo fincapé na tripla discriminación que sofren as mulleres con discapacidade que viven no rural.
Íntegro e a disCapacidade
Sesión formativa do PIMD de Íntegro
Coa intención de poñer o foco sobre as mulleres con disCapacidade das zonas rurais, a Asociación Íntegro lembra algunhas das accións nas que traballa para intentar paliar a situación. O Punto de Intervención para Mulleres con Diversidade do Rural (PIMD Rural) é un dos grandes avances da entidade, en funcionamento dende 2015.
Ademais de numerosas accións formativas, este Punto de Intervención ofrecen servizos de asesoramento, mediación e orientación laboral destinados a promover a igualdade de oportunidades e acabar coa discriminación deste colectivo.
Dende a entidade cabanesa lembran que “a raíz da crise social e económica desatada tras a pandemia, a situación laboral, familiar e persoal de moitas mulleres empeorou dando lugar a novas necesidades que, de inmediato, tiveron que ser atendidas desde o noso Punto de Intervención”. A entidade vén facendo obradoiros de búsqueda de emprego no marco dun completo plan de formación, ao que tes adherir en [email protected] ou no 981 734 985.
Adisbismur coas mulleres maiores
Preparando os agasallos en ADIBISMUR
Son varias as accións que fai durante estes días Asociación de Persoas con Discapacidade da Bisbarra de Muros (ADISBISMUR) co gallo do 8 de marzo. Un deles é a entrega dun agasallo feito polas persoas usuarias do centro de Valadares ás mulleres máis lonxevas dos concellos de ámbito de actuación da entidade: Muros, Outes, Mazaricos e Carnota.
A estas mulleres faráselle entrega dunha cesta cunha figura de cerámica elaborada polas persoas usuarias do centro Valadares acompañada de produtos do horto ecolóxico que coidan no centro.
Para o resto da semana dende a entidade teñen programadas actividades dinámicas para fomentar a cooperación e a participación, como a elaboración de pulseiras para que cada persoa usuaria lle faga entrega á muller referente da súa vida.
Un vídeoforum, xogos de mesa e mesmo un encontro virtual con outra entidade membro de COGAMI como é Amarai de Arzúa, son outras das actividades programadas durante a semana do 8 de marzo por parte da asociación ADISBISMUR.
Artigos relacionados
Novas sobre o 8M
- 08-03-2020: Un #8M de concentracións locais e telemáticas.
- #8M: As Zoquiñas Vermellas volveron saír á rúa en clave de artesanía e denuncia.
- Vimianzo vístese de #8M.
- #8M: Buserana si convoca unha concentración, “máis necesaria que nunca”, en Cee.
- As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo.
- As Curandeiras celebran o 8M cunha exposición histórica nas tendas de Vimianzo.
- A Galería Mulleres de Muxía cumple 11 anos lembrando a Elena Colmeiro.
- “Mulleres invisibles, mulleres desconfinadas”, o artigo de Paula Castro gañador do IV Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey.
- Buserana pide vídeos para participar nunha acción virtual de cara ao #8M.
- A Costa comeza a mobilizarse polo #8M.
Crónicas do 8M de 2020
- Marzo 2020: #8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo.
- Marzo 2020: #8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal.
- Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade.
- #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo.