Domingo. 13.10.2024
El tiempo

As inundacións da morte

A nosa embaixadora en Frankfurt Alejandra Plaza está vivindo en primeira persoa a desfeita que produciron os temporais en Alemaña. Sen tempo a pensar, xa se puxo a colaborar en tarefas de voluntariado, axudando a carrexar material necesario para as familias máis afectadas. Ademais, tiña pensado vir a Galicia este mes de agosto, pero non pode porque España está considerada por Alemaña de Alto Risco, e tería que facer corentena medias vacacións…

Dende o corazón do desastre, cóntanos como está a situación.

Alejandra Plaza nas inundacions de Alemana
Alejandra Plaza no corazón das inundacións de Alemaña
As inundacións da morte

As inundacións da morte

A devastación de dimensión histórica das riadas que están sufrindo Bélgica, Holanda, Suiza e Alemaña advirten que o cambio climático chegou a Europa e para quedarse. Un panorama devastador para un país como é Alemaña, afeito loitar contra os desbordamentos dos seus ríos pero superado por esta urxencia climática. Ao redor de 183 falecidos (por agora), un millar de desaparecidos e danos materiais incalculables son o balance deste fatídico temporal.

O colapso nas liñas telefónicas, nas estradas, dos preto de 600km de vías férreas afectadas poden estar detrás de moitas destas desaparicións. Máis de 10.000 persoas entre bombeiros, militares, persoal sanitario e voluntarios, desprazáronse aos estados de Renania do Norte Westfalia e Renania Palatinado para axudar nos traballos de rescate e recuperación das zonas afectadas. Aldeas sepultadas, pobos anegados ou incomunicados, milleiros de persoas evacuadas son as consecuencias destas riadas de magnitude histórica que avivan o debate político sobre a toma de medidas ambientais, xusto dous meses antes da celebración dos comicios electorais en Alemaña que, seguramente queden marcados por esta catástrofe ambiental e tralos cales Angela Merkel deixará o seu cargo.

Unha semana máis tarde, Alemaña segue afrontando unha traxedia ambiental e humanitaria tremenda e aclama á unidade nacional e á solidariedade. As augas retíranse, novas vítimas son localizadas e o panorama é desolador e deixa á vista uns danos materiais incalculables e ata irrecuperables.

A xente traballa sen descanso e a solidariedade da xente non ten límites. Desde o mércores hai uns paquetes de axudas aprobadas polo goberno para os damnificados que, na maioría dos casos, perdérono todo. Pídese axuda, principalmente man de obra pero tamén, roupa, produtos de hixiene, botas de goma, comida... Moitas historias que contar detrás de cada mirada, de cada xesto... Uns odian as cámaras, outros queren ser escoitados. Unha mestura de sentimentos atopados e unha loita interna e externa para afrontar unha situación destas características.

O maletero do meu coche viaxou cheo de mantas, toallas, roupas de cama, zapatos, botas, roupa... Toda axuda é ben recibida nas zonas afectadas…

Tanto que podería contar que, en ocasións, o silencio dio todo…

Imaxes das inundacions de Alemana

Comentarios